O domingo pola noite, mentres aínda se contaban os votos, Aleka Papariga, Secretaria Xeral do CC do KKE, realizou a seguinte declaración:
Na nosa opinión o resultado electoral, marcado pola forte derrota de ND e a vitoria do PASOK, non reflicte os avances positivos que se deron na conciencia popular en todos estes anos, durante o goberno de ND e os anos de experiencia de goberno do PASOK. O que lle dixemos á xente, principalmente que unha tormenta de medidas antipopulares está en cernes, farase realidade pronto. O KKE declara que está listo para realizar máis iniciativas e asumir máis responsabilidades co fin de crear unha corrente de unidade no pobo, é dicir, a fronte unida de traballadores, campesiños e autónomos; unha corrente de unidade que incluirá aos traballadores e sectores populares pobres que votaron por ND e quen deron a vitoria ao PASOK.
Por suposto, o resultado electoral do KKE non coincide coa confirmada influencia que exerce sobre o pobo, nin co seu papel e posición cara ao desenvolvemento das loitas. É máis, confírmase que a indignación popular e o descontento, mesmo os avances positivos na conciencia popular, non serán capaces de chegar ás urnas e expresarse mentres o movemento obreiro e o movemento popular en xeral non se atopen nun estado de reagrupamento e contraataque. Disto son responsables as direccións das organizacións locais dos sindicatos e a gran maioría de federacións obreiras e centros obreiros.
Na nosa opinión, muda o goberno pero non a política do goberno. O barco cambiou de "capitán" pero non de rumbo. Como insistiamos no período preelectoral, o KKE tentará rematar coas liñas de demarcación que dividen ao pobo, a traballadores, campesiños e autónomos, en votantes de ND, PASOK e outros partidos; o KKE traballará para fortalecer e reforzar a verdadeira liña de demarcación, que é: ao lado os monopolios e a plutocracia ou ao lado do pobo. Isto é especialmente importante porque estamos nunha situación de crise. As consecuencias da crise están xa en marcha, aínda non concluíron. Ao mesmo tempo, existe un plan europeo - plan tamén do PASOK e ND - para a recuperación da economía, o que supón que se van a adoptar medidas reaccionarias para unha maior explotación de clase. A seguridade social será o primeiro grande branco destas medidas. A día de hoxe, o pobo ten que darse conta do seu poder. O pobo non mostrou o seu poder nas urnas. Demostrarase que o tema principal non é que haxa un goberno forte, senón a disposición do pobo para repeler a súa agresividade, que se intensificará nos próximos anos.
Queremos dar as grazas aos amigos e simpatizantes do Partido, a quen votaron ao KKE por primeira vez e aos moitos que foron ás urnas a pesar dos dilemas intimidantes. Contactaremos con quen decidiran votar ao KKE e no último momento non decidiron dar este valente e esencial paso baixo a influencia da propaganda a favor dun goberno con maioría absoluta.
O KKE é máis forte tras esta batalla. Xunto coa KNE será máis autoexixente para responder ao que o pobo espera del: estar en primeira liña da loita pola unión de forzas, pola unidade na loita, por evitar o peor que vén e loitar por solucións que alivien ao pobo".
Resultados compados Eleccións Xerais
2009 Eleccións Xerais
2007 Eleccioens Xerais
2004
Votos % Esc. Votos % Esc. Votos % Esc.
KKE 513.503 7,54 21 583.750 8,15 22 435.599 5.89 12
Pasok (socialdemócratas) 2.994.825 43,94 160 2.727.2 79 38,10 102 2.997.036 40,55 117
ND (conservadores) 2.282.828 33,49 91 2.994.979 41,84 152 3.353.295 45,37 165
Laos (extrema dereita) 383.309 5,62 15 271.809 3,80 10 161.728 2,19 0
Syriza (oportunistas) 313.024 4,59 13 361.101 5,04 14 240.907 3,26 6
Verdes 172.067 2,52 75.502 1,05 - -
Outros 156.537 2,23 144.586 2,02 - 202.684 2,74