terça-feira, 6 de outubro de 2009

Cuba fai fronte á gripe A sen vacinas, pero cero mortes

 

Tomado de LaVoz.com

Cuba mostra a superioridade do socialismo no combate á gripe porcina. Nin un morto na illa



Cuba está lista para empregar todo o arsenal á súa disposición para enfrontar a gripe porcina, desde o seu ben aceitado sistema de defensa civil ata os soldados do seu sistema comunista.

As autoridades sanitarias cubanas din que apostar a unha vacina para conter unha pandemia mundial é algo arriscado e desmoralizador.

"Aínda non se sabe se (a vacina) funciona", declarou á AP o doutor Luís Estruch, viceministro de saúde pública. ¿Que seguridade vai ter? Iso non o sabe o mundo científico aínda".

Tamén mencionou o alto custo dunha vacina cuxa confiabilidade aínda non está plenamente demostrada.

O avanzado sistema de saúde cubano e o seu illamento xeográfico fixeron que se rexistrasen apenas 435 casos de gripe porcina nunha poboación de 11 millóns de habitantes, e ningunha morte. Isto representa un infectado por cada 25.000 persoas, comparado con 6.900 en Estados Unidos e 4.000 en México.

As preparacións para combater un posible brote no inverno boreal involucran a todos os ministerios e as forzas armadas. De ser necesario, o goberno illaría barrios e ata pobos enteiros, pecharía estradas e despacharía equipos médicos ás comunidades afectadas pola gripe, indicou Estruch.

Os soldados poden ir de porta en porta para asegurarse que se cumpren as ordes de corentena e de evacuación. As autoridades están dispostas a illar persoas e comunidades se o consideran oportuno.

"En cuestión de horas podemos determinar cales recursos enviar", dixo Estruch. Agregou que se contemplaron numerosas variantes: "Se hai que paralizar un pobo, se hai que paralizar o transporte público, se hai que parar as escolas, se hai que tomar outras medidas".

O virus causou polo menos 3.205 mortes a nivel mundial, segundo a Organización Mundial da Saúde. Confirmáronse máis de 250.000 casos, aínda que a maioría non requiriron tratamento.

As vacinas son o eixo central da batalla contra a gripe porcina de moitos países, incluído Estados Unidos.

Pero Cuba ten outro enfoque, e non porque non estea en condicións de producir unha vacina.

A illa ten un Centro de Biotecnoloxía e Enxeñería Xenética que fabrica un centenar de produtos, incluídas máis de tres ducias de drogas para combater enfermidades infecciosas.

E conta con 12.000 científicos, unha cifra moi alta para un país tan pequeno, pobre e bloqueado por EEUU, o que reflicte a importancia que se lle dá á mediciña e a ciencia.

"Se tivésemos confianza nunha vacina, conseguiriámola. De inmediato", dixo Estruch.

Pero agregou que non é recomendable prometer unha cura para un tipo de gripe que pode mutar en calquera momento. E recordou a campaña que fixo Estados Unidos en 1976 para vacinar a millóns de persoas en previsión dun brote de gripe porcina que nunca se deu.

Centos de persoas atribuíron á vacina outras enfermidades e houbo demandas que custaron ao goberno case 100 millóns de dólares.

Cuba ten un sistema de defensa civil que realizou evacuacións masivas e salvado moitas vidas cando furacáns azoutaron a illa.

O seu programa de resposta a urxencias, supervisado polo presidente Raúl Castro e as forzas armadas, está organizado a nivel de cuadras en cada pobo e o goberno recolle información sanitaria a diario da súa ampla rede de clínicas barriais.

"Cando hai furacáns, hai xente en cada sector responsable de estar pendente do que sucede: quen necesita asistencia, as mulleres embarazadas, os anciáns, os edificios vulnerables", dixo Wayne Smith, un ex diplomático destacado en Cuba e quen traballa co Centro para Política Internacional de Wáshington. "O mesmo sucede co sistema de saúde".

Foi así que os cubanos detectaron os seus primeiros casos de gripe porcina.

Logo de que se reportou o brote en México o 24 de abril, o ministerio de saúde observou a toda persoa proveniente dese país e logo prohibiu durante un mes as viaxes a e de México.

Dez días despois, Cuba confirmou os seus primeiros casos: tres estudantes mexicanos que chegaran recentemente do seu país.

"Detivémolos en cuestión de horas, o 15 de maio", dixo Estruch.

Os estudantes foron atendidos e permitíuselles permanecer en Cuba.

Todos dos barrios teñen clínicas gratuítas e Estruch explicou que cando unha persoa vai a un deses centros de saúde por unha influenza, investígase se ten o virus da gripe porcina.

Agregou que Cuba non volverá pechar as súas fronteiras porque xa se sabe cal é o problema. Indicou que as medidas de maio foron "totalmente necesarias" nese momento porque ninguén sabía en que consistía o brote.

Etiquetas: Cuba: Á cabeza da loita anti imperialista