quinta-feira, 3 de setembro de 2009

VITORIA DAS MOCIDADES COMUNISTAS CHECAS


Vitoria da KSM ante a Corte Administrativa Suprema da República Checa

O 1 de setembro, a Unión da Mocidade Comunista (KSM) da República Checa recibiu unha sentenza da Corte Administrativa Suprema da República Checa en relación á súa ilegalización. A Corte Administrativa Suprema, baseándose na alegación da KSM, anulou a resposta que deu a Corte Municipal de Praga en 2008, que rexeitaba a alegación presentanda pola KSM contra a decisión do Ministerio de Interior de ilegalizar á organización xuvenil. A Corte Administrativa Suprema devolveu o caso da KSM á Corte Municipal de Praga. A nulidade ditada pola Corte Administrativa Suprema da República Checa non indica ningunha razón xurídica.

A razón oficial da ilegalización da KSM polo Ministerio do Interior da República Checa en 2007 foi que os obxectivos programáticos da KSM son substituír a propiedade privada dos medios de produción pola propiedade colectiva. Tamén foi razón para ilegalizar a KSM a afirmación de que os mozos deben loitar por unha sociedade que non estea baseada en principios capitalistas.

O paso dado polo Ministerio do Interior causou a discrepancia da maioría do pobo checo. Un manifesto de apoio á KSM foi asinado por milleiros de cidadáns checos ata o momento. Tamén protestaron contra a decisión do Ministerio do Interior, por exemplo, organizacións como a de antigos combatentes contra o fascismo e do movemento guerrilleiro de resistencia. Tamén se lanzou desde o movemento estudantil unha petición que foi asinada por asociacións cívicas, denunciando a ilegalización. O apoio á KSM tamén foi impulsado por partidos políticos checos. Grazas á iniciativa dos parlamentarios do Partido Comunista de Bohemia e Moravia , a actuacion do Ministerio do Interior debateuse na Cámara de Deputados do Parlamento da República Checa.

A ilegalización tamén xerou repercusión no estranxeiro. Centenares de xóvenes, estudantes, sindicalistas e organizacións organizaron actos de protesta. Milleiros de persoas enviaron cartas mostrando a súa indignación coa decisión do Ministerio do Interior, facéndoas chegar a través das embaixadas da República Checa no estranxeiro, incluíndo a deputados en parlamentos nacionais, europarlamentarios, profesores de universidade e antigos loitadores contra o fascismo. Numerosos actos de protesta foron organizados fronte ás embaixadas da República Checa en varios países.

A nulidade ditada pola Corte Administrativa Suprema é un paso moi positivo na loita pola legalización da KSM, contra o anticomunismo e por un desenvolvemento democrático da República Checa.

Milan Krajca,

Presidente da Unión da Mocidade Comunista (KSM)



--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es