Adega demanda pronunciamento dos representantes das Institucións do Estado en Ourense
O pasado sábado, día 22 de agosto, celebrouse en Viana do Bolo unha reunión da Plataforma Non ao Trazado da Liña de Alta Tensión Trives-Aparecida (NOTTA). Era unha máis das diferentes reunións que mantén a Plataforma á que poden sumarse todos os apoios sociais e individuais para salvagardar o dereito á saúde das persoas afectadas por tan impactante proxecto. A Plataforma leva exercendo o dereito de reunión nos locais que ten a ben de dispor (bares, casas particulares, etc.). Esta reunión , en concreto, celebrouse no baixo do domicilio da Presidenta da Plataforma, Dª Isabel González.
A dita reunión acudiron, ademais dos diferentes afectados polo proxecto, dous membros da asociación de Adega, entre os cales me atopo eu. Non era a primeira vez que somos requeridos para participar nas reunións, levamos apoiando á Plataforma desde hai un ano aproximadamente, a solicitude dos asistentes e afectados.
O luns, día 25 de agosto, chámanos a Presidenta de NOTTA para comunicarnos que “o domingo, día 23 as nove da noite, presentáronse no seu domicilio dous axentes da Garda Civil para demandar información sobre;
1. Si se celebrara unha reunión da devandita Plataforma no seu domicilio
2. Que persoas acudiran.
3. Que temas se trataran.
A Presidenta da Plataforma non se atopaba na súa vivenda. Outro familiar, tamén membro da Plataforma, negouse a facilitar ese tipo de información, dicíndolle que quen lle dera ordes a eses funcionarios para facer ese “traballo”. Un dos axentes identificouse como Cabo da Garda Civil do posto de Viana dicindo que ninguén lle dera ordes, senón que era unha “práctica que lle ensinaran na Academia da Garda Civil”.
O luns, a Presidenta da Plataforma chama a un membro da dirección de Adega para comunicar o ocurrido que cualificou de “alucinante”. Este directivo dille que non denuncie nada ata que se fale co Sr. Subdelegado en Ourense do Goberno para pedirlle explicacións sobre o ocurrido.
O señor Subdelegado dixo non ter coñecemento sobre o ocurrido. Entón, a Presidenta de NOTTA presentou denuncia, relatando os feitos acontecidos no seu domicilio o día anterior, diante da Subdelegación do Goberno.
Desde Adega queremos mostrar a nosa cautela a respecto da investigación que se abra sobre estes feitos. A Subdelegación ten unha denuncia enriba da mesa á que debe dar unha resposta para esclarecer os feitos. Axiña se teña información oficial do máximo representante e competente do Goberno do Estado e máximo coordinador das Forzas e Corpos de Seguridade do Ministerio do Interior na provincia de Ourense, faremos as oportunas valoracións e esixiremos responsabilidades a quen corresponda sobre estes lamentabeis feitos.
Para mais informacion
informador ambiental
ADEGA-ourense
A plataforma Notta contra a liña de alta tensión denunciará os desmontes realizados en Trives
- Autor:
- La Voz
- Data de publicación:
- 25/8/2009
A plataforma Non ao trazado Trives-Aparecida en contra da liña de alta tensión presentará unha denuncia ante o Seprona polos desmontes realizados en Trives. «#\\\\ constancia de que Red Eléctrica xa fixo dous en Trives, e estamos mirando se tamén fixeron algún en Manzaneda, para poñer a denuncia», explica o seu portavoz, Isabel Yáñez, que xustifican no feito de que os traballos comezaron «antes de ter contestación ao recurso de alzada».
A idea de presentar a denuncia, que hoxe será interposta no xulgado de Trives, foi aprobada pola asemblea da plataforma (que contou coa presenza de dous representantes de Adega, entidade ecoloxista que lles asesora), que tamén deu o visto e prace á interposición dun recurso contencioso-administrativo contra o Ministerio de Medio Ambiente. Será antes do 30 de setembro, segundo avanzou Yáñez.
Ademais, a plataforma solicitará información á Consellería de Medio Rural «sobre a situación, porque ten que dar ou visto bo para desmóntesvos e as obras», indica.
As reivindicacións de Notta sobre os perigos que entraña a localización das torretas de alta tensión tan preto das casas serán levadas ao Parlamento europeo de man do grupo dos Verdes. «Imos entregarlles toda a documentación para que leven ou tema, que sabemos que se está dando noutros lugares tamén», engade Yáñez.
A intención dos afectados pola liña de alta tensión nas provincias de Zamora e Ourense é que as súas demandas sexan escoitadas tamén na comisión de participación cidadá da Unión Europea.