sábado, 29 de agosto de 2009

En Afganistán O 2009 é xa o máis mortífero para soldados ocupantes




O ano 2009 é xa o máis mortífero para as forzas estranxeiras despregadas
en Afganistán desde finais do 2001, despois de que cinco soldados
ocupantes, catro deles estadounidenses, fosen mortos este martes, nun
momento no que a opinión pública norteamericana apoia cada vez menos
a intervención.
Dous efectivos norteamericanos e outro da forza da OTAN (ISAF)
pereceron este mércores pola explosión dunha bomba no sur da
nación centroasiática.
En total, 804 militares yankis faleceron nestes oito anos.
Cando aínda quedan catro meses para que acabe o ano, 298 militares
estranxeiros morreron xa no país asiático, fronte ás 294 vítimas
mortais en todo o 2008, segundo a páxina dixital independente
icasualties.org.
Estas mortes prodúcense nun momento no que a estratexia do
presidente estadounidense, Barack Obama, en Afganistán, é cada vez máis
criticada no seu país, onde a opinión pública é xa maioritariamente
contraria á guerra.
Os estadounidenses compón a gran maioría (62 000 homes) dos 100 000
militares estranxeiros destinados en Afganistán.
O sur, especialmente a provincia de Helmand (feudo dos talibán e
produtora do 55% do opio mundial) é a rexión máis violenta do país.
As tropas internacionais e afgás levaron a cabo desde fai varios
meses numerosas operacións, de face ás eleccións celebradas o pasado xoves,
perdendo moitos dos seus homes, vítimas a maior parte de bombas
artesanais.
Segundo icasualties.org, 66 soldados estranxeiros morreron en agosto e 298, deles
174 estadounidenses, desde o inicio do 2009.
A insurrección intensificouse e estendeuse considerablemente nos dous
últimos anos.
O problema político ameaza con intensificarse nos Estados Unidos, onde
Obama podería pronunciarse en breve sobre o envío de novos reforzos a Afganistán,
a pesar de que despregou recentemente outros 21 000 soldados sobre o
terreo.
O seu novo comandante para Afganistán, o xeneral Stanley McChrystal, debería
solicitar novos reforzos nas próximas semanas, pero isto chocaría cos
desexos dos estadounidenses.
O luns, un senador demócrata (o partido de Obama) esixiu por primeira vez
unha data para a retirada das tropas estadounidenses en Afganistán,
cuestionando ademais a efectividade dos reforzos.
"É hora de iniciar o debate sobre un calendario flexible para que a xente
en Estados Unidos, en Afganistán e no resto do mundo vexan que temos a
intención de retirar as nosas tropas", declarou o senador Russell Feingold,
quen agregou que unha retirada non significaría que o seu país deixase de perseguir
ao grupo islamita Al Qaeda.
Segundo os medios estadounidenses, o xeneral McChrystal estuda tres
opcións: unha de "alto risco" consistente en pedir só 15 000 soldados
suplementarios; unha de "risco medio" que sería pedir 25 000 novos homes,
e unha de "escaso risco" ao solicitar o envío de 45 000 militares. (Tomado
dunha análise de AFP)