.
Fraternal unión de Pobos (cartel de 1938)
para resistir aos brutais ataques do imperialismo euro ianqui. Pero a súa unión sólida e indestructible será en base ao socialismo e non aos intereses mezquiños do capitalismo.
Osetia desexa incorporarse a unión de Rusia e Bielorrusia.
Moscova, 21 de agosto, RIA Novosti. O presidente de Osetia do Sur, Eduard Kokoiti, declarou hoxe que esta república caucasiana quixera incorporarse ao Estado de Unión formado por Rusia e Bielorrusia.
"Procurarémolo con moito gusto", afirmou Kokoiti en rolda de prensa celebrada en Moscova.
O dirixente suroseta dixo tamén que "varios países, aparte de Bielorrusia, examinan a posibilidade de recoñecer a Osetia do Sur e Abjasia".
Ata a data fixérono unicamente Rusia, en agosto de 2008, e Nicaragua, ao mes seguinte. O Parlamento de Bielorrusia ía debater este paso en abril pasado pero segue pospondo a cuestión.
Kokoiti manifestou que "o potencial militar de Xeorxia é actualmente moito maior que en agosto de 2008", cando o Exército xeorxiano lanzou un ataque contra Tsjinvali. Se Tbilisi acusa a Osetia do Sur de plans expansionistas, é "para desviar a atención do tema principal que é o rearme de Xeorxia e as súas constantes manobras coa asistencia de técnicos da OTAN", dixo.

Julio Tuñón Osoro