sábado, 29 de agosto de 2009

OS VALENTES COMUNISTAS LETÓNS

A fins dos anos 80 o Partido Comunista de Letonia (PCL) tiña 180 mil candidatos a membros e candidatos a membros sobre unha poboación na RSS de Letonia de 2.681.000 habitantes.

Mentres avanzaban as forzas contrarrevolucionarias e a URSS afundíase no caos propiciado pola perestroika de Gorbachov, unha parte dos militantes comunistas entraron na Fronte Popular de Letonia (FPL) dirixida pola dereita. O PCL defendía unha Letonia soviética e socialista dentro dunha nova Federación na que gozase de soberanía. A contrarrevolución triunfou en 1991, Letonia converteuse nunha colonia alemá e yanki e os comunistas foron perseguidos pola súa lealdade ao socialismo. O Partido foi ilegalizado, os seus bens incautados e os seus dirixentes encarcerados e condenados.

En 1994 os comunistas crearon o Partido Socialista de Letonia (PSL-Latvijas Socialistiká Partija) para seguir loitando polo socialismo no medio da derrota temporal. O Partido propuxo crear unha ampla fronte de esquerdas para recuperar o poder. Seguiu defendendo a soberanía do país sen pertencer a ningún bloque e rexeitou a entrada na OTAN. Expuxo crear unha zona non nuclear no Báltico. En 1998 o Partido creou a coalición chamada "Partido polos dereitos humanos en Letonia Unida"(PCTVL en letón) xunto co Partido da Concordia nacional (TSP), grupo socialdemócrata formado polos comunistas que se foron ao FPL, e o grupo Igualdade de Dereitos liderado pola ex comunista Tatjana Zdanoka. A coalición logrou 25 dos 100 escanos do parlamento en 2002. En 2007 saíu da coalición o PSL e o PCTVL converteuse nun partido de esquerda, anti OTAN, defensor da minoría rusófona e membro do Grupo dos Verdes europeos. O PSL, o TSP e un socio menor ("Novo Centro") crearon outra coalición, "Centro de concordia"(Saskanas Centrs-SG) que nas europeas de 2009 conseguiron un gran éxito: 20 % dos votos e 2 eurodiputados, entre eles o presidente do PSL e antigo secretario do PCL, heroico camarada Alfred Rubiks, encarcerado por 6 anos pola sua defensa da URSS. Na capital, Riga, o SG gañou co 35 % dos votos. Na cidade de Dangavpils conseguiu o terceiro posto con 18,24 %.

O PSL está crecendo e en 2008 o 40 % dos novos afiliados son novos, tanto obreiros como estudantes. É un partido de unidade xa que non só o apoian as decenas de miles de rusófonos marxinados e oprimidos polo nacionalismo reaccionario no poder, senón tamén os letonófonos traballadores e campesiños que desexan reconstruír o socialismo e unha auténtica soberanía libre do xugo da OTAN e a UE.