quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

11º Encontro dos partidos comunistas e obreiros (20-22 de novembro 2009, Nova Deli)


Discurso do Presidente do Partido Comunista Obreiro Hungaro, Gyula THÜRMER

Queridos Camaradas

  No nome do Partido Comunista Obreiro Hungaro, eu quixera darlle as grazas ao Partido Comunista da India ( marxista) e ao Partido Comunista da India pola invitación e pola excelente organización da nosa reunión. O movemento comunista da India xoga un moi importante papel no movemento internacional dos traballadores e nós vemos de bo grado a súa inavaliable contribución á loita anticapitalista.

Estimados camaradas,

O ano pasado en Sao Paulo nós chegamos a algunhas novas e moi importantes conclusións.

Nós declaramos, "O mundo está a enfrontar unha grave crise económica e financeira de grande proporción. A actual crise é unha expresión dunha profunda crise intrínseca ao sistema capitalista o cal demostra os límites históricos do capitalismo e a necesidade do seu derrocamento revolucionario".

Nós pensamos que a nosa apreciación é basicamente correcta, e non debemos mudala, ao mesmo tempo, nós debemos ver que o capitalismo ten moitas posibilidades de defenderse a si mesmo, manipular ás masas e evitar  ao final - e agora a revolución socialista.

Primeiro, está a propaganda das reformas capitalistas. As forzas do capitalismo non negan a existencia de serios problemas, pero eles tratan de demostrar que coas reformas poden solucionar todos os problemas.

Nós debemos convencer ás masas traballadoras de que se eles queren vivir mellor, deben destruír ao capitalismo.

Segundo, é a gradual liquidación dos partidos comunistas. As forzas capitalistas soportan politicamente e financieramente a partidos oportunistas e intégranos aos sistemas europeos. Contra nós eles utilizan o anticomunismo baixo presións legais e financeiras.

Nós debemos ter claridade ideolóxica coa forza do Marxismo Leninismo, mellorando a nosa cooperación.

Terceiro, é o uso de forzas extremistas de dereita. En Hungría e en moitos outros países de Europa as forzas extremistas de dereita poden gañar máis da crise que nós. As forzas extremistas de dereita teñen fortaleceron as súas posicións nas eleccións do Parlamento Europeo. Por que? En Hungría, as clases dominantes adoptaron aos extremistas de dereita como un factor normal da vida política. A eles non lles gustan, pero dan camiño libre aos círculos financeiro e de medios. Segundo as forzas extremistas de dereita usan as armas políticas que nós non podemos usar. Estes son antisemitas e racistas, e ante todo visceralmente antiziganas.

Cal é a solución? Nós debemos ser máis radicais, máis revolucionarios e máis anticapitalistas. A xente debe ver todos os días que nós estamos con eles.

Camaradas,

Hungría é un dos máis débiles elementos do capitalismo europeo contemporáneo. A crise está lonxe de ser solucionada e ninguén pode prever as súas consecuencias. Que significa isto?

Primeiro, Hungría depende totalmente do capital occidental. Compañías multinacionais producen cerca do 70% do PIB. O capital europeo trata de solucionar os seus propios problemas ao custo de Hungría..

Isto é porque non hai sinais de recuperación da economía Húngara. Este ano o PIB diminuíu 7-9% en comparación co ano anterior.

Segundo, a xente empeza a entender máis e máis o que significa o capitalismo. O desemprego é preto do 10%. A xente perde os seus recursos, eles aforran; máis e máis xente vive na pobreza.

De acordo ao Centro de Investigación de Datos de Estados Unidos, fai 20 anos, o 80% dos húngaros soportaban a economía de mercado. Hoxe unicamente o 46% din estar a favor do capitalismo.

Baixo estas circunstancias, nós non debemos, unicamente criticar o sistema capitalista, mais debemos demostrar plenamente á xente a posibilidade real de establecemento dun novo mundo. Nós debemos demostrar que o socialismo é unha alternativa real sobre a existencia do capitalismo.

Nós entendemos a nosa responsabilidade internacional. Se pensamos ir á revolución social en Hungría, serán seriamente influenciadas Ucraína, Rusia e os países de Europa Oriental.

Camaradas,

O Partido Comunista Obreiro Húngaro, seguirá o camiño da revolución socialista. Nós debemos demostrar que o capitalista nunca nos dará mellor vida, nunca nos dará algún lugar nos parlamentos. Nós debemos conseguir a loita seria e consecuente. En consecuencia, este camiño, é un camiño realista e nós podemos crear un novo mundo, socialista.

Nós consideramos a nosa principal tarefa, preparar ao partido comunista para semellante situación. A experiencia histórica mostra que a situación revolucionaria real permanece sen avanzar, se as circunstancias subxectivas non existen ao seu debido tempo.

Nós creamos mobilizacións de "grupos de combatentes", os que poden participar en diferentes demostracións, accións rueiras e eventos solidarios.

Nós construiremos unha nova organización con xente nova, profundamente crente na idea da revolución.

Nós comezamos a ir directamente ás fábricas a ver aos traballadores. A experiencia é moi positiva.

Nós estamos abertos a todo o anticapitalista, iniciativas antimonopólicas e participar en todas accións sociais, as cales loitan contra o grande mercado, contra a política nacional neoliberal, contra as expulsións de quen non poden pagar electricidade e gas.

Nós creamos un máis efectivo sistema de medios alternativos, usando o xornal semanal Szabadsag, a internet e outros medios. Nós construímos un amplo sistema de páxinas internas de organizacións locais, usando tecnoloxía You tube, e outras modernas tecnoloxías da internet.

Camaradas,

Nós loitamos por unha máis efectiva cooperación das forzas comunistas na área internacional.

Desde a nosa última reunión en Sao Paulo,  estudamos profundamente a experiencia dos partidos comunistas de Grecia, Portugal, como se organizan e como desenvolven as súas máis grandes mobilizacións de masas.

Nós intensificamos as nosas relacións cos partidos de esquerda de Brasil, Venezuela e outros partidos do foro de Sao Paulo para impulsar o proceso revolucionario en América Latina.

Nós sostemos a idea de crear un periodico comunista "International Communist Review" e tomamos unha activa parte nela.

O Partido Comunista Obreiro Hungaro saíu do Partido Europeo da Esquerda porque non estámos de acordo coa política revisionista e oportunista do Partido Europeo.

Nós queremos liquidar o Capitalismo; a Esquerda Europea quere facelo mellor. Nós entendemos as bases do Marxismo Leninismo, teoría e práctica da loita de clases, os principios do internacionalismo proletario. A Esquerda Europea desafortunadamente, está no entendido das bases do reformismo. A esquerda europea loita contra o capitalismo unicamente, en frases, pero na práctica axuda a fortalecer a "Democrática"  imaxe da Unión Europea, o Parlamento Europeo, e o sistema capitalista no xeral.

Camaradas,

O Partido Comunista Obreiro Húngaro está agora nunha situación moi complicada. A simpatía da poboación Húngara cara ao noso partido estáa erguerse. Despois de 20 anos de capitalismo a maioría da xente comeza a entender a explotación capitalista, desemprego, e o significado da inxustiza social. Eles tamén se decatan que o Partido Comunista dos Traballadores de Hungría sempre estivo ao seu lado e loitaron polos seus intereses.

Isto é unha oportunidade histórica. Probablemente non teremos outra en moitos anos. Se nós podemos utilizar esta oportunidade, poderemos chegar ao parlamento en 2010.

Con todo, e este é o noso problema principal, nós debemos ver que logo de 20 anos de loita consecuente, o noso partido ten recursos financeiros esgotados. Nós temos unha oportunidade histórica nas nosas mans, pero non temos diñeiro para publicar material e preparar os nosos candidatos. Isto pode significar, camaradas, que non podemos usar a oportunidade histórica. Neste caso o movemento comunista húngaro, pode chegar a unha moi grave situación.

Con todo, poden  vostedes estar seguros que nunca nos renderemos.

Desexámoslles grandes éxitos.