-------------------------------------------------
From: Communist Party of Greece, Tuesday, 22 December 2009
http://inter.kke.gr , mailto:cpg@int.kke.gr
==================================================
Resolución de Partidos Comunistas dos Balcáns contra o anticomunismo
Os Partidos Comunistas que participaron no Encontro de Partidos Comunistas dos Balcáns condenan o novo ataque anticomunistas lanzado nunha serie de países da UE. Denunciamos os seguintes ataques:
- Na República Checa, o intento de ilegalización do PC de Bohemia e Moravia. Protagonizan este ataque varios senadores que no pasado xa actuaron para ilegalizar á Unión da Mocidade Comunista da República Checa.
-En Polonia, o novo ataque anticomunista combinado coa recente prohibición de símbolos comunistas.
-En Romanía, a lei 51/1991, cuxo artigo 3, relativo á "seguridade nacional", impón graves penas de prisión e multas a quen forme parte ou apoie ao partido comunista.
-En Letonia, Lituania, Estonia, Hungría e outros países da UE nos que se realizaron unha serie de operacións anticomunistas para crear un estado de histeria e persecucións en Europa. As resolucións da UE, as resolucións do Parlamento Europeo e da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa e da OSCE contribuíron significativamente a estas operacións; distorsionan a verdade histórica e tratan de igualar comunismo e fascismo, eliminar da conciencia obreira e popular os grandes logros da construción socialista que demostran as vantaxes do socialismo por encima do capitalismo, este sistema explotador.
Todos estes plans anticomunistas revelan a natureza imperialista e profundamente clasista da UE, a hipocrisía dos que apoian a democracia burguesa así como o medo da burguesía cara ao movemento comunista e obreiro. O ataque anticomunista é parte da estratexia imperialista que quere eliminar da conciencia obreira e popular, especialmente das xeracións máis novas, a única saída real á barbarie capitalista: o derrocamento do capitalismo e a construción do socialismo.
¡Esta nova provocación anticomunista non quedará sen resposta!
Trátase dun asunto que require a reacción de todos os traballadores en Europa. O anticomunismo non ten como obxectivo só aos comunistas, senón tamén a conciencia popular e os dereitos da clase obreira, fomentando o fatalismo, o derrotismo, a aceptación das medidas antipopulares decididas polas insitituciones da UE para cargar o peso da crise sobre as costas dos traballadores.
Os Partidos Comunistas dos Balcáns esixen:
-A inmediata derrogación da ilegalización da Unión da Mocidade Comunista da República Checa.
-A finalización das persecucións anticomunistas, das ilegalizacións e as ameazas promovidas pola UE e os respectivos gobernos.
Partido Comunista de Bulgaria
Partido dos Comunistas Búlgaros
Partido Comunista de Grecia
Partido Socialista Obreiro de Croacia
Partido Comunista de Macedonia (FYROM)
Partido Comunista de Romanía
Novo Partido Comunista de Iugoslavia
Partido Comunista de Turquía
Partido do Traballo de Turquía (EMEP)