sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

PC Libanés. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA. Traducido polo PCPE



Con ocasión da Xornada Internacional de solidariedade coa causa do pobo palestino, o Partido Comunista Libanés e o Comité de Coordinación da Esquerda Libanesa organizaron o 30 de novembro un encontro ante a sede da ONU en Beirut. Representantes do movemento progresista libanés e de organizacións palestinas participaron nese encontro que durou unha hora, durante a cal o Secretario Xeral do PCL, Khaled Hadadah, anunciou que os partidos da esquerda libanesa se puxeran de acordo en organizar unha "campaña de apoio aos refuxiados palestinos", tanto sobre o plan de dereitos sociais como sobre o plan de dereito de retorno ao seu país.

Distribuír un memorándum aos representantes dos medios de comunicación libaneses no que a esquerda libanesa chama a executar as medidas da ONU relativas ao dereito de retorno dos refuxiados palestinos e a creación dun Estado palestino soberano coa o Qods (Xerusalén) como capital. Fan un chamamento á ONU para que adopte as medidas necesarias para que cesen o bloqueo e os masacres contra o pobo palestino, e tamén a construción de novas colonias en Cisxordania.

Unha delegación composta pola Secretaria Xeral adxunta do PCL, Marie Nassif-Debs, e os representantes da esquerda libanesa e palestina, remitiu o memorándum ao representante do Secretario Xeral das Nacións Unidas en Beirut.