Comunicado da KNE referido ao anticomunismo en Polonia
O CC da Mocidade Comunista de Grecia condena enerxicamente a nova involución anticomunista en Polonia. O goberno polaco, inmerso no espírito anticomunista que se desenvolve baixo o á da UE, prohibiu o uso dos símbolos históricos do movemento comunista internacional. Tras as inaceptables festas que os imperialistas europeos organizaron no 20 aniversario da caída do Muro de Berlín, demóstrase unha vez máis que as súas declaracións sobre a "democracia" e a "liberdade" non só son palabras baleiras, senón tamén a cobertura da ditadura dos monopolios.
Tras os países bálticos, Hungría e a República Checa, agora tócalle a quenda a outro país membro da UE de prohibir a fouce e o martelo e a estrela vermella, que simbolizan a loita contra a explotación capitalista. Eles utilizan todos os medios que o seu sistema de poder proporciona, o Parlamento Europeo, a Organización para a Seguridade e a Cooperación de Europa, os tribunais e ministerios nacionais, para lanzar unha guerra de acoso contra os comunistas, a vangarda da clase obreira en cada país .
Unha vez máis demostrase que o anticomunismo ten un obxectivo: presionar aos comunistas, os partidos comunistas e organizacións xuvenís, para que abandonen o seu obxectivo, o derrocamento do capitalismo e a perspectiva do socialismo, como a única resposta ás crecentes necesidades contemporáneas dos pobos.
O seu obxectivo é, sobre todo nos antigos países socialistas, arrincar de raíz e por todos os medios os éxitos do socialismo da conciencia dos pobos. Eles queren facer esquecer aos pobos o sacrificio de millóns de comunistas na guerra contra o nazi- fascismo, na derrota do fascismo na 2ª Guerra Mundial. Eles queren facernos esquecer as conquistas dos traballadores, cos comunistas como a súa vangarda, en todos os aspectos da súa vida; a xornada laboral de 8 horas, a educación e atención sanitaria gratuítas, a seguridade social, e todos os outros logros, debidos ao impacto internacional do socialismo na URSS e os demais países de Europa Central e Oriental. Conquistas que hoxe son derrubadas unha tras outra polas políticas anti-populares que serven aos beneficios das empresas monopolistas na súa desesperada necesidade de superar a crise capitalista.
Seguimos comprometidos coa loita polo socialismo e o comunismo, xa que é o único sistema onde a clase obreira e os pobos do mundo poden satisfacer as súas necesidades, onde todos os países e nacións poidan vivir en paz e en colaboración. Especialmente hoxe en día a crise económica internacional do capitalismo revela os límites históricos deste sistema socioeconómico e a magnitude da súa decadencia. Ponse de manifesto a necesidade da superación revolucionaria do capitalismo e a súa substitución por outro sistema socioeconómico que sitúe as necesidades e os dereitos dos pobos no seu epicentro, é dicir, o socialismo-comunismo.
A KNE chama aos xovenes gregos a mobilizarse e esixir a inmediata cancelación de todas as leis e regulamentos anticomunistas e antisocialistas que se adoptaron en Polonia e en todos os países da UE.
A KNE expresa a súa solidariedade coa Mocidade Comunista de Polonia e con todos os comunistas polacos e afirma que fortalecerá a loita contra o anticomunismo e a calumnia e a distorsión do socialismo, para reforzar a nosa loita antiimperialista e a cooperación internacional entre as organizacións antiimperialistas xuvenís comunistas e progresistas, a fin de responder á nova agresión imperialista contra a clase obreira e a mocidade
Departamento de Relacións Internacionais
do CC do KNE
04/12/2009