O 21 de decembro, co obxecto de conmemorar o 130 aniversario do nacemento de I.V. Stalin, celebrouse un acto no que se depositaron flores na tumba de Stalin no muro do Kremlin. Máis de 5.000 moscovitas e invitados da capital acudiron a homenaxear ao dirixente da Unión Soviética. O Presidente do Comité Central do PCFR, G.A. Zyuganov asistiu á cerimonia.
O mesmo celebrouse unha gala dedicada ao aniversario nun abarrotado auditorio do complexo Izmailovo.
Participaron no acto moscovitas e invitados de moitas rexións rusas. Todos eles unidos por I.V. Stalin e non só veteranos, a xeración de máis idade, senón tamén xovenes, quen coñecen a época de Stalin só polo que lles contaron.
O Secretario do Comité Central do PCFR, D.G, Novikov, abriu a velada. Sinalou que a loita entre o capitalismo e o socialismo comezou no século XX. O renacemento das ideas socialistas e a súa vitoria final son inevitables. Xa que logo, o 130 aniversario do nacemento de Stalin é unha nova fase da loita polo noso futuro común.
O documental "O construtor do poder soviético" foi proxectado no auditorio. Os espectadores puideron ver noticieros únicos e ouvir a voz de Stalin.
Posteriormente, o Presidente do Comité Central do PCFR, G.A. Zyuganov, tomou a palabra.
Dirixíndose aos participantes, o dirixente do PCFR dixo que o século XX fora o século de Lenin e de Stalin. "V.I. Lenin foi o primeiro na Historia en propor a teoría do socialismo, para construír un "paraíso na terra", onde o obreiro puidese ser o verdadeiro dono. Logrou crear un partido de novo tipo, o cal, baixo circunstancias incriblemente difíciles logrou tomar o poder como resultado, efectivamente, dunha revolución sen sangue. En cinco anos propuxo catro opcións políticas: do comunismo de guerra, o sistema de apropiación de plusvalía e a taxa agrícola en especie á NEP, que levantaron ao país. Lenin propuxo o plan de electrificación, o verdadeiro paso á máis alta tecnoloxía da época.
Stalin tomou a posta de Lenin e, como o seu verdadeiro discípulo, deu un gran paso adiante. Nos últimos anos vinte, case non fabricabamos avións, coches, tanques e tractores. Con Stalin, a través do primeiro plan quinquenal, a Unión Soviética construíu 1500 factorías e 100 novas cidades. Na época eran as mellores factorías, que utilizaban a mellor tecnoloxía e as máis avanzadas solucións de enxeñería.
Chegamos ao tráxico e crucial ano de 1941 co mellor tanque, o T-34, o mellor sistema de foguetes, o BM-13, e o mellor avión de combate, o Il-2. O noso pobo gañou porque xurdiu unha nova xeración de xóvenes. A escola soviética logrou facer xurdir o soldado que con fereza e valor loitou en todas as frontes. Gañamos, principalmente, pola amizade dos pobos. Non estabamos divididos en rusos, ucraínos, bielorrusos, tártaros. Gañamos porque estabamos unidos. ¡Viva a amizade entre os nosos pobos, forxada por Lenin e Stalin!"
Para concluír, Zyuganov dixo: "nós, os comunistas, ¡xuramos ante todos os pobos do noso país que continuaremos as mellores tradicións de Lenin e Stalin no fortalecemento da amizade e irmandade baixo a Bandeira de Outubro Vermello! ¡Rusia volverá ser grande e socialista!"
A culminación da solemne velada foi a entrega de carnés do partido a xóvenes comunistas. Entre eles había habitatnes de Moscova e as rexións de Saratov, Tver e Tula. Ao entregar os carnés, G.A. Zyuganov dixo que este ano, por primeira vez, durante o "chamamento de Stalin", máis de 10.000 persoas uníronse ao partido. Posteriormente, o dirixente do PCFR entregou a medalla de honra do 130 aniversario de I.V. Stalin a militantes do partido e o Komsomol.
Grupos musicais moi coñecidos, actores e compañías actuaron para os participantes no solemne acto.
Celebráronse conmemoracións en todas as rexións do país.