sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

Prohibición da simboloxía comunista en Polonia. PC de Polonia, Traducido polo PCPE




A histeria anticomunista en Polonia traspasou as fronteiras do sentido común fai moito tempo. Recentemente cruzou os límites do absurdo.


Jaroslaw Kaczynski, ex primeiro ministro e líder do anterior partido político gobernante declarou publicamente que o comunismo foi o responsable de ducias de milleiros de millóns de vítimas. Se a mentira ten carácter anticomunista, non é necesario tomar medidas limitadoras. Todo vale se esperta o odio público. Tales declaracións poden ser emitidas sen ningunha consecuencia. Ninguén lle plantexa unha pregunta obvia: se coñece o número da poboación mundial.


A sociedade é tratada como unha chea de idiotas que nin saben nin queren saber, que non son capaces de contar.


Ao mesmo tempo, o presidente Lech Kaczynski, o seu irmán xemelgo, asina leis igualmente absurdas. Na súa nova redacción, o artigo 256 do código penal declara:


Art. 256 § 1. Toda persoa que publicamente faga propaganda do fascismo ou de calquera outro réxime totalitario ou promova o odio nacional, étnico, racial, relixioso ou en relación con diferenzas de crenza relixiosa, será sometido a pena de multa, restrición da a liberdade ou privación de liberdade por un prazo de ata 2 anos.


§ 2 A mesma pena será imposta a calquera persoa que, con fins propagandísticos, produza, rexistre, importe, compre, venda, regale, transporte ou envíe calquera artigo cos contidos descritos no § 1, ou porte a simboloxía comunista.


§ 3 O autor do acto prohibido non cometerá delito se o seu acto é unha actividade artística, educativa ou científica.


§ 4 En caso de condena por un delito definido no § 2, o tribunal declara a confiscación dos artigos mencionados no § 2, aínda que non fosen propiedade do autor.


A emenda á lei vixente, agregando os puntos § 2-4, entra en vigor medio ano logo da súa publicación no "Libro de artigos". Non se publicou aínda. Val a pena mencionar que a prohibición dos símbolos comunistas chegou xunto con outras emendas ao mesmo tempo. Unha delas agrava a pena por pederastia, o que apunta a xerar a impresión de que o comunismo é unha das enfermidades sociais.


Ambos os dous irmáns son adoradores do anticomunismo. Unha ideoloxía criminal, peor que os totalitarismos imaxinarios. Ideoloxía que causou un enorme número de vítimas. Foi responsable do

inferno da guerra de Hitler en Europa. Do xenocidio organizado e deliberado. Da ocupación xaponesa de China e outros países asiáticos. Da bárbara guerra en Corea. Dos plans de uso de armas nucleares nesta guerra en escala masiva. Da guerra igualmente bárbara no Vietnam, usando a guerra química e os crimes contra civís.


O capitalismo, como formación social, leva a explotación e o confinamento do ser humano, inscritos na súa bandeira. Baixo esta bandeira, colonialistas ingleses, belgas, franceses, estiveron saqueando recursos naturais e cometendo xenocidios. obrigaron á poboación de países enteiros a traballar como escravos para o seu beneficio. estiveron facendo isto abertamente e en segredo.


Algún dos partidos políticos que adoran abertamente a ideoloxía anticomunista e o capitalismo oíu algunha acusación por iso? A resposta é non, xa que só o capitalismo pode ser abertamente promovido. Calquera que o cuestione pode ser acusado de crimes imaxinarios, de intencións criminais e agora intentaráselle levar a prisión por este motivo. E todo iso mentres se segue falando de democracia.


Os funcionarios do réxime capitalista volvéronse tan insolentes e arrogantes que cambiaron o Parlamento por un tribunal de xustiza, no que xulgan aos seus opositores políticos. Desde que foi imposible demostrar que os comunistas propagasen o totalitarismo ou intentasen cometer algún delito, entón, logo de 20 anos de constantes calumnias, libelos e mentiras, descubriron que poden acusar aos comunistas de tales intencións ¡por medio dun acto xurídico!


O PC de Polonia é un partido político rexistrado no tribunal. Non se puido probar que os seus estatutos e programa incluísen contidos ilegais. O PC de Polonia actúa de acordo á Constitución de Polonia e a Lei de partidos políticos. As institucións do Estado están obrigadas a tratar a todos os partidos políticos por igual.


Con todo, non cumpren con este requisito. Case só aos partidos parlamentarios se lles permíte o debate público. O PC de Polonia é sistematicamente discriminado e nun xeito particular. A súa ideoloxía é o tema constante deste debate. houbo palabras destinadas a atizar o odio. Hai institucións do Estado que se asemellan ás institucións públicas, que son finaciadas polos fondos públicos, pero cuxo obxectivo expreso é levar a loita política a través dos medios de revisión e extrema politización da historia, a igualación do comunismo co fascismo, construíndo unha mitoloxía e mesmo ameazando con represión. Esta revisión da historia é o efecto das tendencias revanchistas das clases sociais que perderon os seus privilexios, cando as forzas populares socialistas alcanzaron o poder tras a Segunda Guerra Mundial: a burguesía e os terratenientes, así como do crecente temor das clases que alcanzaron unha posición privilexiada durante a transformación sistémica de 1989.


O Instituto da Memoria Nacional, ata antes de que se aprobase a emenda, tratou de ameazar aos gobernos locais por unha suposta neglixencia criminal no cambio de nomes de lugares públicos con forme aos imperativos da ideoloxía oficial. As institucións do Estado non só se converteron en altofalantes para promover o odio anticomunista, senón que tamén abertamente quebrantaron ou forzaron a lei en moitas formas diferentes.


O Parlamento con todo procedeu á violación dos principios básicos da lei e a orde nunha forma aberta e flagrante. Aprobouse a emenda ao código penal que apunta contra un partido político en particular. O adxectivo que describe o acto delituoso na emenda é parte do propio nome do Partido Comunista de Polonia.


Pode alguén imaxinar o que pasaría se o PC de Polonia propuxese no seu programa similares medios dirixidos contra os seus adversarios políticos? Non seriamos acusados dun delito pola mera expresión desa intención? Usarían eles o artigo 13 da Constitución polaca, que establece que "Os partidos políticos e outras organizacións cuxos programas basear en métodos totalitarios e actividades en prol do nazismo, o fascismo e o comunismo, así como aqueles cuxos programas ou actividades sancionen o odio racial e nacional, a aplicación da violencia co fin de obter o poder ou de influír na política do Estado, ou manteñan en segredo a súa estrutura ou composición, serán ilegalizados" contra o PC de Polonia, para ilegalizalo por referirse simplemente a tal práctica totalitaria?


Esta emenda é excepcionalmente totalitaria. Intervén na esfera do pensamento e os medios de expresión. A posesión de obxectos que conteñan elementos indefinidos pode ser sancionada só declarando que a súa simboloxía é portadora de pensamento politicamente incorrecto. Dado que non se definiu que é e que non é simboloxía comunista.


A emenda ao artigo 256 do Código Penal contradi a Lei de partidos políticos (de 27.06.1997), que esixe igualdade de trato e protección dos símbolos gráficos dos partidos; contradi a Constitución polaca, que garante a liberdade de conciencia , a liberdade de expresión de opinións e a difusión de información ( art. 53, p. 1 e art 54, p. 1). O Parlamento parece tamén non obedecer aos acordos internacionais, incluídos o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (asinado o 16.12.1966 - art. 18 e 19) e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos (art. 9 e 10).


O PC de Polonia oponse enerxicamente a estas prácticas antidemocráticas por todos os medios posibles e prepárase para a confrontación, co obxectivo de revelar o absurdo, o escurantismo, a irresponsabilidade e a mala vontade dos seus inventores.


PC de Polonia

*Fin*