sábado, 3 de abril de 2010

GRECIA: FOLGA XERAL DE 48 HORAS



Manifestación do PAME o 8 de abril contra as duras medidas fiscais



O PAME chama a unha nova folga de 48 horas os días 21 e 22 de abril




O Comité do PAME contra o Paro realizou mobilizacións coa participación de desempregados e traballadores.  Levaron a cabo unha sentada no edificio do Ministerio de Traballo en Atenas e en edificios da organización estatal para o emprego en grandes cidades como Tesalónica e Volos, e organizaron unha concentración en Larissa esixindo medidas de protección para os parados e contra a política que subvenciona aos empresarios supostamente para crear novos empregos. O número de parados rexistrados na Organización de Persoal e Emprego de Grecia (OAED, siglas en grego), alcanzou os 766.159 en febreiro de 2010 (14,6% da poboación activa), mentres se estima un incremento de máis do 20% debido á crise. As cifras reais son maiores, posto que moitos desempregados non están rexistrados, e ademais, segundo as estatísticas oficiais, quen traballe unha soa hora á semana non é considerado desempregado.

O PAME esixe, para os desempregados:

* Seguro de paro equivalente ao 80% do salario mínimo (1.400?) para todo o período de desemprego
* Axuda económica urxente de 1.000? para todo desempregado
* Conxelación inmediata das hipotecas aos parados
* Atención sanitaria e farmacéutica sen condicións nin requisitos previos
* Ningún corte de electricidade, teléfono ou subministración de auga
* Recoñecemento do período de paro como tempo computable a efectos de pensións
* Contratación masiva de persoal no sector de Saúde, Benestar e Educación
* Redución inmediata das horas de traballo
* Rexistro inmediato e subvención á mocidade que empeza a traballar
* Traballo permanente e estable para todos
* Esta iniciativa foi adoptada en vista da próxima manifestación de PAME o 8 de abril contra as novas e durísimas medidas fiscais sobre a clase obreira e o resto de sectores populares pobres por parte do goberno socialdemócrata do PASOK.





A escalada da loita de clases é un camiño sen retorno. O PAME chama aos sindicatos de todo o país a manter unha folga de 48 horas o 21 e 22 de abril. Os traballadores, coa experiencia das recentes folgas, deben tomar a responsabilidade e promover a decisión de ir á folga, así como organizar a folga desde abaixo, nos centros de traballo. O PAME chama aos sindicatos sectoriais a organizar a folga por medio de asembleas xerais, reunións e iniciativas de comités de loita. A loita pode traer resultados se todos os traballadores unidos ignoran ás direccións pactistas de GSEE e ADEDY e reagrupan as súas forzas co PAME, designando aos seus propios líderes nos centros de traballo.