sábado, 29 de agosto de 2009

PC BRASIL, FORA IANQUES



From: Brazilian Communist Party, Monday, 24 August 2009

http://www.pcb.org.br , mailto:pcb.partidocomunistabrasileiro@gmail.com

==================================================



¡FÓRA IANQUIS DE AMÉRICA LATINA!



¡NON A INSTALACIÓN DAS BASES MILITARES DOS ESTADOS UNIDOS NA COLOMBIA!



(Nota Política do PCB - Partido Comunista Brasileiro)



O partido Comunista Brasileiro (PCB) vén a público a repudiar a intención do goberno dos Estados Unidos, co apoio e o permiso do presidente fascista de Colombia, Álvaro Uribe, de instalar bases militares en sete puntos do territorio colombiano. A estratexia, negociada secretamente entre os dous gobernos nos últimos meses e agora tornada pública, obxectiva substituír a base de Manta, en Ecuador, o máis importante centro de operacións dos EUA na rexión ata agora, logo da devolución da Canle de Panamá, en 1999.



O goberno democrático e popular de Rafael Correa recusóu a renovación da permanencia dos militares estadounidenses no seu país, en respecto á decisión aprobada na reforma constitucional referendada polo pobo ecuatoriano en setembro de 2008. A actitude de Correa tamén foi unha resposta á acción terrorista en contra as FARC, montada desde a base de Manta, baixo o comando dos EUA e co apoio de Uribe, responsable polo asasinato do dirixente revolucionario Raúl Reyes.



Colombia pasará a ser ocupada oficialmente polos EUA a través de sete bases militares, como foi anunciado polo xeneral James Jones, asesor de Seguridade Nacional do presidente Barack Obama. Se depende do desexo do ditador de turno, os colombianos perderán definitivamente a soberanía de parte do seu territorio, oficializando a condición do país de mera base de operacións e ponte do imperialismo no hemisferio sur.



As bases militares serán usadas polo Exército, a Mariña e a Aeronáutica dos EUA. Servirán para que as forzas armadas ianquis, desde o territorio colombiano, teñan vixilancia e control militar e aéreo sobre colombianos e os pobos de Latinoamérica e do Caribe e, posiblemente, mesmo sobre as nacións de África bañadas polo Océano Atlántico, que quedarán baixo o poder da aviación norteamericana.



Fai algunhas semanas, o embaixador estadounidense en Colombia, William Bronfield, (cerebro da operación militar en decembro de 1989, realizada para rescatar ao ditador Noriega, aliado dos EUA en Panamá, co custo de preto de dous mil civís mortos), confirmou que se trata da transferencia da base de Manta para Colombia. A submisión do goberno colombiano é tanta que un dos puntos do acordo prevé a total impunidade dos militares e civís estadounidenses ante a xustiza local. En Ecuador, 300 norteamericanos xamais puideron ser xulgados, aínda que cometeron delitos como roubos e homicidios.



O obxectivo do plan é que as bases militares poidan servir como ameaza permanente aos "perigosos" países veciños, como Ecuador e Venezuela, onde os procesos electorais asociados a movementos sociais, marcados pola intensa participación popular, conducen a importantes transformacións socioeconómicas, responsables polo enfrontamento á burguesía e polo progresivo control sobre o antes intocado poder do capital nestes países. As accións militares, unha vez máis baixo o falso argumento de ampliar a guerra contra o narcotráfico, e de atacar o "terrorismo", é dicir, as guerrillas e as loitas de masas contra o capitalismo, serán dirixidas, centralmente, en contra da poboación en toda América Latina, desde o Pacífico ata o Caribe.



Desde a década de 1980, en nome da pretendida guerra contra as drogas, os gobernos dos EUA financian, adestran e arman tropas colombianas para o combate ás guerrillas formadas a partir da revolta popular de 1948, O Bogotazo (que desencadeou innumerables conflitos sociais entre os anos 1948 e 1953, período coñecido como A Violencia, cando morreron 180 mil colombianos). A estratexia de ocupación foi ampliada co Plan Colombia, en 2000, que obxectivaba o combate ás FARC, que pasaron a dominar unha gran parte do territorio colombiano. Pero, fundamentalmente, aumentábase a presenza norteamericana nunha rexión de gran interese geopolítico, pola súa posición estratéxica e pola riqueza en recursos minerais e enerxéticos, como petróleo, gas e carbón.



Está claro que a iniciativa do goberno de Obama é parte da política imperialista, que a favor dos intereses das corporacións e da industria bélica estadounidense, manteñen os seus tentáculos polo mundo adiante. A cara moderada de Obama busca ofuscar a política do big stick. Pero a máscara empeza a caer, pois o silencio acerca da masacre israelí en Gaza, o agravamento da guerra en Afganistán, o mantemento da ocupación de Iraq, as ameazas veladas a Irán e Paquistán, así como o apoio ao golpe civil militar en Honduras, demostran que as accións do imperialismo, unindo os intereses económicos das transnacionais á ameaza constante de guerra, continúan máis vivas que nunca. En América do Sur, a reactivación da IV Flota na costa sur atlántica vén sumarse agora ao proxecto de instalación de bases militares en Colombia.



O PCB repudia o acordo criminoso entre Obama e Uribe, e denuncia a iniciativa como unha ameaza concreta á paz e á convivencia fraterna entre os pobos do noso continente. Chamamos ás forzas de esquerda, democráticas e populares no noso país, a prestar solidariedade activa e á protesta organizada en contra desta acción agresiva do imperialismo estadounidense.



PCB - Partido Comunista Brasileiro

Comitê Central

agosto de 2009