Por Jill White,
Chicago
Esta tarde máis de 200 activistas da comunidade, lideres da Union e outros reunironse en fronte da 'Republic Windows Chicago' no noroeste de Chicago. Estaban manifestando a súa solidariedade cos obreiros que se negaron a abandonar a fbrica en protesta contra a pechadura da planta. Falaron membros da Union Internacional de Empregados do Servizo, de 'Teamster'; da Union de Profesores de Chicago; da Federacion Americana de Empregados do Estado, Rexionais e Municipais; e outros.
Nunha entrevista trala reunión, Armando Robles, presidente de 'EU Local 11', describiu a rabia que sentiron os traballadores cando lles dixeron, case sen avisar, que non só estaban perdendo o seu traballo senón que as suas polizas de seguro foran canceladas e os traballadores non ían recibir vacacións pagas ou pagos separados. Robles dixo que de acordo coa lei de Illinois, a compañía estaba obrigada a dar o aviso dunha pechadura con 75 diás de antelación, ou ben pagar aos traballadores os 75 dás. A compañía culpa ao Banco de América por non terlles concedido unha liña de crédito. Pero, de acordo con Robles, a dirección estivo mentindo aos traballadores e á Unión sobre o estado da compañía. Despois do voto para establecer a sentada, Robles describiu como a dirección intentóu illar aos reporteiros dos traballadores, pero estes bloquearon a porta e as os reporteiros puideron permanecer na reunión.
Outra traballadora, Silvia Magna, explicou como de sorprendidos e furiosos estaban os traballadores cando se decataron de que estaban perdendo o seu traballo. Dixo que todos traballan duramente, e só lévan a casa 328 dólares semanais.
Moitos traballadores cortáronse e perderon dedos no traballo. Magna dixo que os traballadores estn decididos a quedarse na planta ata que 'consigamos aquilo polo que traballamos'. Culpan tanto aos propietarios como aos bancos, porque os propietarios non foron honestos cos traballadores.
Magna di que non só están loitando por eles e pola súa familia, 'senón tamen para ser unha inspiración e que outros traballadores loiten coma nós. Estamos facendo historia porque a xente non viu aos traballadores loitar desde dentro da planta'. Di que os traballadores han facer o que sexa necesario e pediu solidariedade da xente de fóra.
A organizadora de EU Leah Fried dixo que si non hai unha resolución satisfactoria na reunión o 8 de Decembro e todo segue igual, a seguinte acción solidaria en Chicago terá lugar o Martes 9 de Decembro no Banco de Amrica no 231 da rúa LaSalle. Fried dixo que a xente debera mandar e-mails e faxes ao Banco de América pedindo o pago que se lles debe aos traballadores. Os partidarios de Chicago están sendo animados para ir á fábrica e asinar nunha bandeira de solidariedade que hai no vestíbulo da planta. As contribucións financeiras deben ser mandadas a Local 11, UE Hall, 37 S. Ashland Av., Chicago, Il 60607.
[articulo in ingles, www.workers.org]