As loitas dos últimos días culminaron na folga xeral de onte, 10 de decembro, que fora convocada varios días antes do asasinato do rapaz.
A folga xeral resultou ser un éxito extraordinario. Desde o alba miles de traballadores formaron liñas de piquetes para pechar fábricas e almacéns, parar barcos e facer fronte aos intentos rompefolgas. Foi particularmente impresionante a asistencia aos mítines e manifestacións de PAME por toda Grecia.
Decenas de miles de traballadores, estudantes de todos os niveis educativos, familias enteiras cos seus fillos, desafiaron o clima de medo e participaron nos mítines, dando unha gran resposta ao goberno, ao estado e aos mecanismos paraestatales de represión e intimidación, así como aos patróns.
A ofensiva contra os dereitos dos traballadores estase incrementando coa escusa da crise. Isto se evidencia tanto no novo orzamento estatal, nos "paquetes de crises" lanzados polo gobernos e a UE, como nos plans da UE para ampliar a xornada semanal ata 65 horas. Ao mesmo tempo os empresarios vólvense máis agresivos e provocadores. Fai poucos días, un importante representante dos empresarios "propuxo" a semana laboral de 4 días como saída á crise.
A semana pasada tamén houbo fortes movilizaciones de pequenos agricultores, con mítines masivos e bloqueos de autopistas, así como protestas dos autónomos, artesanos e comerciantes.
O KKE, como sinalaba nun comunicado da súa oficina de prensa, "saúda as decenas de miles de traballadores, estudantes universitarios e de secudaria, que participaron na folga xeral e nos masivos e autoprotexidos mítines de PAME. Saudamos especialmente as magníficas manifestacións de Atenas, Tesalónica, Pireo, Patra, Larissa, Ioannina e o resto de grandes cidades que nos últimos días experimentaron a acción da represión estatal e as incitadas provocaciones dos grupos encarapuchados.
Estas movilizacions masivas, decididas e autoprotexidas que contaron cunha ampla participación xuvenil mostran o camiño e o contido do contraataque popular polos dereitos da clase obreira, das capas populares e da mocidade contra a ofensiva do capital, da UE e dos seus partidos. Constitúe a verdadeira resposta á estratexia do goberno e aos esforzos por manipular e desviar nunha dirección non danosa para as políticas antipopulares a xustificada indignación de miles e miles de mozos que tomaron as rúas.
O KKE chama á continuación e intensificación da loita, por todas as vías, e en primeiro lugar e máis importante, coa organización e acción nos centros de traballo, os barrios, as escolas e facultades. Únicamente un movemento de masas, organizado e militante que confronte coa liña política xeral da plutocracia pode responder aos patróns e ao terrorismo e intimidación do Estado, marcando o camiño á saída".
Movilizaciones no estranxeiro
Ao mesmo tempo, as manifestacións de condena polo asasinato do mozo de 15 anos e de denuncia da represión, continuaron en varias cidades europeas. En Londres, as organizacións da KNE e o KKE organizaron unha protesta ante a embaixada grega. Estudantes das escolas gregas manifestáronse en Munich e Sttutgart. Tamén houbo protestas a iniciativa da KNE en Edimburgo e Turín, mentres que en Roma membros da KNE uníronse á protesta organizada por Giovani Comunisti e a FGCI ante a embaixada grega.
Novas movilizaciones da mocidade
Hoxe, 11 de decembro, teñen lugar novas protestas e manifestacións de estudantes de secundaria, mentres o consello coordinador dos estudantes de Atenas anunciou unha nova manifestación no centro de Atenas. En todas estas accións as forzas da KNE xogan un papel dirixente e activo.
Ao mesmo tempo, varios mozos que cumpren os seus servizo militar enviaron mensaxes de solidariedade das súas unidades condenando o asasinato do rapaz e expresando a súa preocupación polo papel que a nova doutrina militar reserva ao exército, así como a súa orientación contra o "pobo inimigo".
Información da Sección de Internacional