sábado, 13 de dezembro de 2008

A UE NON SABE PERDER


A UE acorda a convocatoria dun novo referendo en Irlanda sobre o Tratado de Lisboa

• Os Vinte e sete aceptan que todos os países conserven o seu comisario, a cambio do 'si' irlandés


EFE
BRUXELAS
O cume da Unión Europea apoiou hoxe a proposta francesa para solucionar o bloqueo ao Tratado de Lisboa, que consiste en que Irlanda celebre outro referendo antes de novembro do 2009.

Os xefes de Estado e Goberno alcanzaron este acordo, que tamén inclúe que a Comisión Europea (CE) seguirá tendo un membro por cada país, na primeira sesión de traballo do cume da UE, o que despexa o camiño para discutir o plan de reactivación económica e as medidas contra o cambio climático

Os Vinte e sete apoiaron a proposta francesa que indica que o Goberno irlandés "comprométese a tratar de conseguir a ratificación do Tratado de Lisboa antes do final do mandato da actual Comisión", en novembro do 2009.

Concesión para superar o 'non' de xuño

Aínda que o texto non fala de condicións, a forma en que está redactado sinala que a concesión de que Irlanda conserve o seu comisario vai unida a que ratifique o tratado, tralo NON de xuño. A proposta afirma que, "sempre que entre en vigor o tratado", o Consello Europeo adoptará unha decisión para que "a Comisión manteña un nacional de cada Estado membro".

O Tratado de Lisboa prevé que, a fin de gañar en eficacia, a partir do 2014 haberá un número de membros da CE igual a dous terzos do número de Estados membros (o que equivale a 18 na UE dos Vinte e sete), que se rexerá por un principio de rotación igual entre os Estados membros.

O presidente da CE, José Manuel Durao Barroso, mostrouse o martes receptivo á idea dun comisario por país, cando dixo que "a CE pode traballar con 27 ou máis membros". Barroso recoñeceu que algúns países son reticentes a deixar de ter unha persoa da súa nacionalidade na Comisión, mesmo si os comisarios son teóricamente independentes dos seus países.

Unha futura Comisión con 35 membros

O acordo logrouse malia que algúns países eran reacios a manter un comisario por cada Estado membro, xa que coas futuras ampliacións pode haber unha Comisión Europea con ata 35 integrantes, aínda que prevaleceu o obxectivo de lograr a ratificación do tratado.

O texto que apoiaron os xefes de Estado e Goberno sinala que o pobo irlandés manifestou as súas preocupacións acerca do mantemento da súa política fiscal, as leis relativas á familia e a neutralidade do país. Estas preocupacións trataranse para "mutua satisfacción", a condición de que Irlanda contraia o compromiso de ratificar o tratado.

Con todo, fontes comunitarias sinalaron que o Tratado de Lisboa non atenta contra a independencia de Irlanda á hora de fixar a súa política fiscal nin familiar, nin tampouco contra a súa neutralidade, polo que se poden facer declaracións expresas deixándoo todo "máis claro" si iso tranquiliza aos cidadáns dese país cara a unha nova consulta.