A Presidencia Checa da UE, no medio dunha crise económica capitalista, toma a iniciativa de organizar unha serie de eventos anticomunistas, a fin de levar a vangarda no intento de equiparar o comunismo co nazismo, a reescribir a historia e manipular as conciencias sobretodo todo das novas xeracións, con miras cara ao futuro e non o pasado.
A intención, expresada na UE ( nalgúns de cuxos países os PCs xa se prohibiron), de caracterizar o comunismo e a loita de clases como un crime, non ten como único obxectivo aos comunistas nin se refire unicamente aos países da UE.
A histeria anticomunista que irrompeu hai uns anos co chamado "Memorándum" para a "necesidade de condenar internacionalmente os crimes dos réximes comunistas totalitarios", no Consello da Asemblea Parlamentaria europea continúa ata hoxe en día e diríxesecontra o conxunto da clase obreira, así como aos demais estratos populares ".
Queren rachar a vangarda do movemento popular e a súa loita contra os plans anti-populares e tentan colocar a carga da crise mundial sobre as costas dos traballadores . Queren eliminar o conflito do sistema de explotación e a perspectiva dunha sociedade xusta, expresada pola ideoloxía e as loitas dos comunistas. Queren rachar as forzas da resistencia e contraofensiva popular sobre a base dunha histeria anticomunista, mentiras e persecucións. Anunciáronse novos delitos contra a Cuba Socialista e os pobos que resisten ao imperialismo.
Condenamos estas accións emprendidas pola Presidencia da UE e chamamos aos pobos de Europa a reaccionar dinámicamente e condenalas masivamente.
======================
Os Partidos
Partido do Traballo de Bélxica
Novo Partido Comunista Británico
Partido dos Comunistas Búlgaros
Partido Comunista en Dinamarca
Partido Comunista de Estonia
AKEL, Chipre
Partido Comunista de Grecia
Partido Comunista dos Traballadores Húngaros
Partido dos Traballadores de Irlanda
Partido dos Comunistas Italianos
Partido Comunista de Luxemburgo
Novo Partido Comunista dos Países Baixos
Partido Comunista de Polonia
Partido Comunista da Federación Rusa
Partido Comunista Obreiro de Rusia - Partido dos Comunistas de Rusia
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Comunista de Suecia