quinta-feira, 19 de março de 2009

España é o país con maior destrución de emprego da UE


ELISEO OLIVERAS
BRUXELAS
A Unión Europea (UE) sufriu no cuarto trimestre do 2008 unha destrución de polo menos 672.000 postos de traballo, segundo os datos provisionais anunciados onte por Eurostat. Máis do 70% das baixas producíronse en España.
Os datos incompletos de Eurostat (faltan as cifras correspondentes a 10 países) indican unha destrución de emprego en España do 2,1% no catro trimestre, respecto ao trimestre anterior (0,3 puntos inferior á estimada polo INE). Esta é a porcentaxe máis elevada da zona euro e a segunda máis elevada da UE, logo de Letonia (2,8%). Con todo, España é o país onde se perderon máis empregos en termos absolutos de toda a UE.
A nivel anual, a destrución de emprego en España foi do 3%, tamén só superada por Letonia (5,4%). O INE cifrou esa perda anual de postos de traballo en España no 2008 en 621.000, o que contrasta coa aínda elevada creación de emprego no conxunto da UE durante o ano pasado (1,76 millóns).