domingo, 22 de março de 2009

TURQUÍA. LIBERDADE PARA OS PRESOS POLÍTICOS



¡¡ Liberdade a todos os presos políticos !!

18 de Marzo 2009 /Oficina Internacional/



Comunicado N°42



Coa ocasión do 18 de marzo, o Día Internacional da Solidariedade cos Presos Políticos, o PCML saudamos aos presos políticos que foron detidos na loita pola revolución e o socialismo tanto no noso país como por todas partes do mundo e expresamos a nosa solidariedade con eles.


Enviamos os nosos saúdos comunistas incendiados co lume da revolución aos militantes do noso partido e os nosos camaradas en armas nos cárceres cuxo número seguiu aumentando cara ao 18 de marzo.


O sistema imperialista e capitalista quere calar aos sectores organizados e combativos da clase obreira e dos traballadores e así impedirlles chegar ao seu obxectivo da revolución e o socialismo. ¡En balde! A clase obreira e as súas vangardas continuarán a súa loita ata facer do sistema capitalista unha historia.


O noso partido aumentará a solidariedade internacional pola liberdade dos presos pola liberdade e o socialismo.



Liberdade a todos os presos políticos
Os presos revolucionarios nunca se someterán
Viva a solidariedade internacional


http://www.mlkp.info