quinta-feira, 19 de março de 2009

KKE. Conferencia de Prensa sobre a Crise Económica


Nunha conferencia de prensa tras unha reunión co Primeiro Ministro o xoves 5 de marzo, a Secretaria Xeral do CC do KKE subliñou:

¡Unidade de todos os traballadores!


¡A plutocracia debe pagar pola crise!


¡Non ao acordo social para a crise!


¡Reagrupamento do movimento na liña antiimperialista e antimonopolista!


¡O gran capital debe pagar xa pola crise!


Debilitamiento do sistema bipartidista, e ao mesmo tempo fortalecemento do KKE

"¡Non imos apoiar á plutocracia para superar a crise e as súas consecuencias! A plutocracia, xunto cos gobernos que promoven os seus intereses, hoxe ND e antes o PASOK, son os únicos responsables da crise. As forzas alternantes no poder son as únicas que deben ser castigadas, e non os traballadores que producen a riqueza.

Traballamos para a contraofensiva da clase obreira, para levantar unha alianza entre a clase obreira e as capas populares a fin de rexeitar os chamamentos da plutocracia a novos sacrificios e loitar polo emprego, os salarios e as necesidades actuais do pobo.

A gran loita para impedir o peor dá comezo agora. Os traballadores, as vítimas da crise deben unirse e converterse nunha gran forza que loite por derrocar e impor o poder político. ¡Agora, xa, resistencia e loita en cada puestro de traballo, en cada cidade, en cada pobo! Unidade, solidariedade, polos nosos intereses comúns. Esta é a política do KKE.

Pronto o texto completo das declaracións da Secretaria Xeral do CC do KKE