quinta-feira, 19 de março de 2009

Partidos Comunistas e Obreiros do mundo condenan agresión de Israel a Palestina

No marco do 18° Congreso do Partido Comunista de Grecia KKE
















³Saudamos a firmeza heroica das masas palestinas de Gaza, e salientamos o dereito fundamental dos palestinos a resistir a ocupación, un dereito recoñecido polas Nacións Unidas e polas Leis Internacionais².







Atenas, 03 mar, 2009, Tribuna Popular TP.- Os Partidos Comunistas e Obreiros e organizacións pola liberación dos pobos que asinan ao pé, téndose reunido en Atenas, Grecia, en vésperas do 18º Congreso do Partido Comunista de Grecia (KKE), desexan expresar a súa enérxica condena á bárbara agresión terrestre, aérea e naval lanzada por Israel contra Gaza a partir de fins de decembro de 2008.







A continuación publica a tradución da Declaración Conxunta







Declaración Conxunta sobre Palestina







Os Partidos Comunistas e Obreiros e organizacións pola liberación dos pobos que asinan ao pé, téndose reunido en Atenas, Grecia, en vésperas do 18º Congreso do Partido Comunista de Grecia (KKE), desexan expresar a súa enérxica condena á bárbara agresión terrestre, aérea e naval lanzada por Israel contra Gaza a partir de fins de decembro de 2008.

Este asalto brutal contra Gaza durou uns 22 días e resultou na morte de polo menos 1.350 cidadáns, lesións a varios miles de civís inocentes incluíndo mulleres, nenos e anciáns, e a destrución masiva de fogares, propiedades e instalacións varias, o que privou aos residentes de Gaza dos máis elementais servizos.

Os Partidos e organizacións tamén expresan a súa grave preocupación pola traxedia humanitaria que resultou, e a súa indignación ante os ataques intencionales a escolas e institucións civís, incluíndo a escola UNRWA da Organización das Nacións Unidas (ONU) no Campo Jabalia.

O ataque israelí contra Gaza é en realidade unha agresión contra todo o pobo de Palestina.

Polas razóns expostas, os Partidos e organizacións asinantes acordan declarar o seguinte:

Saudamos a firmeza heroica das masas palestinas de Gaza, e salientamos o dereito fundamental dos palestinos a resistir a ocupación, un dereito recoñecido polas Nacións Unidas e polas Leis Internacionais. Esiximos o inmediato levantamento do sitio e bloqueo de Gaza, a reapertura das súas fronteiras e a rápida reconstrución de todo o que foi danado ou destruído por esta agresión irresponsable;

Reafirmamos o noso apoio e solidariedade ao pobo de Palestina na súa loita para recuperar os seus dereitos nacionais lexítimos e inalienables, incluíndo o dereito á autodeterminación e ao establecemento dun Estado soberano e independente nos seus territorios históricos, coa o-Quds (Xerusalén Oriental) como a súa cidade capital, así como o dereito á repatriación de todos os refuxiados palestinos en cumprimento da Resolución 194 da ONU;

Condenamos enerxicamente a construción en curso do ³muro racista² e dos asentamentos de colonos israelís nos territorios ocupados da Marxe Esquerda, construción que viola flagrantemente todas as decisións pertinentes da ONU. Demandamos a inmediata destrución do muro e dos asentamentos, así como a liberación inmediata de todos os prisioneiros actualmente detidos por Israel;

Facemos un chamado ao Consello de Seguridade da ONU e a outras organizacións internacionais, a emprender unha investigación completa e exhaustiva das graves violacións dos dereitos humanos e crimes de guerra cometidos polo exército israelí durante os ataques a Gaza, incluíndo o seu uso contra poboacións civís de armamento prohibido pola comunidade internacional. Os Partidos e organizacións asinantes tamén fan un chamado a establecer comisións legais especiais para formular acusacións contra as autoridades de Israel por crimes de guerra, ante a Corte Internacional de Xustiza, a Corte Criminal Internacional e/ou as estruturas xurídicas nacionais de cada país;

Urximos a todas as faccións do movemento nacional palestino a traballar con seriedade e responsabilidade para superar a súa división interna e reestablecer a unidade nacional palestina. Neste sentido, os Partidos e organizacións asinantes ratifican que a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) é a lexítima e internacionalmente recoñecida dirección unificada do pobo palestino, e chaman a reactivar o rol e o status da OLP abrindo as portas desta a todas as forzas nacionais palestinas que desexen unírselle;

Declaramos a nosa intención de axudar a levantar a campaña internacional para apoiar a Gaza e esixir á comunidade internacional axuda de urxencia para a súa reconstrución.

Finalmente, os Partidos e organizacións asinantes comprométense a emprender as seguintes accións sobre esta materia:

Incrementar as súas actividades de solidariedade co pobo palestino, tanto internacionalmente como nos seus respectivos países;

Facer presión sobre os gobernos dos seus respectivos países para que cancelen os seus acordos militares e políticos co Estado de Israel;

Organizar e enviar aos territorios ocupados de Palestina, axiña que como sexa posible, unha delegación conxunta dos nosos Partidos e organizacións para expresar a nosa común solidariedade coa loita nacional do pobo palestino;

Convocar un simposio de solidariedade co pobo palestino, a ser levado a cabo na cidade de Damasco antes de que termine o ano 2009;

Organizar unha caravana conxunta para transportar axuda material a Gaza; e

Convocar un Día Internacional de Acción en Solidariedade co Pobo de Palestina, con énfase particular na demanda de pór fin ao sitio e bloqueo de Gaza.

Os asinantes estenden unha invitación a outros Partidos Comunistas e Obreiros e organizacións do Mundo a que se unan a esta declaración, e fan un chamado ao Grupo de Traballo dos Encontros Internacionais de Partidos Comunistas e Obreiros (EIPCO), para que asuma a implementación do programa de acción arriba descrito e resolva os detálles pertinentes en consulta cos Partidos membros árabes e palestinos.





Atenas, 17 de febreiro de 2009





[lista de partidos asinantes]





Communist Party of Albania

PADS, Algeria

Communist Party of Belarus

Workers? Party of Belgium

Party of Bulgarian Communists

Communist Party of Brazil (PCdoB)

Communist Party of Britain

New Communist Party of Britain

Communist Party of Canada

Colombian Communist Party

Communist Party of Bohemia and Moravia (Czech Republic)

Communist Party of Egypt

Socialist Worker?s Party of Croatia

Communist Party of Cuba

AKEL, Cyprus

Communist Party in Denmark

Communist Party of Denmark

French Communist Party

Communist Party of Macedonia

German Communist Party

Communist Party of Greece

Hungarian Communist Workers? Party

Communist Party of India

Communist Party of India (Marxist)

Tudeh Party of Iran

Communist Party of Israel

Party of the Communist Refoundation, Italy

Party of the Italian Communists

Jordanian Communist Party

Socialist Party of Latvia

Lebanese Communist Party

Communist Party of Luxembourg

Communist Party of Malta

Party of Communists, Mexico

Political Movement ??People?s Resistance?, Moldova

New Communist Party of the Netherlands

Communist Party of Norway

Democratic Front for the Liberation of Palestine

Palestinian Communist Party

Palestinian People?s Party

Popular Front for the Liberation of Palestine

Peruvian Communist Party

Communist Party of Poland

Portuguese Communist Party

Socialist Alliance Party, Romania

Romanian Communist Party

Communist Party of the Russian Federation

Communist Party of the Soviet Union

Communist Worker?s Party of Russia ? Party of the Communist of Russia

New Communist Party of Iugoslavia

Communist Party of Slovakia

South African Communist Party

Communist Party of Spain

Communist Party of the Peoples of Spain

Party of the Communists, Catalonia

Communist Party of Sri-Lanka

Syrian Communist Party

Communist Party of Syria

Baath Party, Syria

Communist Party of Tajikistan

Communist Party of Turkey

Labour Party (Turkey)

South African Communist Party

Communist Party of Sweden

Union of the Communists of Ukraine

Communist Party of Venezuela

Polisario Front

World Federation of Trade Unions