O Consello de Ministros ten previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para regular o dereito de folga. Entre as novidades, contestadas polos sindicatos, figura a "folga virtual obrigatoria" (proclámase pero se traballa) nalgúns sectores do transporte público e un referendo consultivo previo á folga se o sindicato que a convoca non conta con máis do 50% da representación. Ademais, cada traballador deberá manifestar individualmente a súa adhesión. No transporte, a lei establecerá a duración máxima dos paros.
"Esperemos que non se trate dunha tentativa do Goberno para impedir que o disenso poida manifestarse", advertiu onte Fabrizio Solari, secretario confederal da CGIL, similar a CCOO en España. Sen entrar en detalles, CISL e UIL, segundo e terceiro sindicato, de orientación centrista, manifestáronse dispostos a discutir as normas pero "só no transporte". "Amplialas a outros sectores sería inútil", engadiu Renata Polverini, da dereitista UGL.