"Por máis dura que sexa esta crise aquí, o goberno venezolano defenderá os
intereses do pobo", dixo Chávez.
"O noso compromiso é co pobo", resaltou Hugo Chávez.
A nacionalización do Banco de Venezuela, anunciada o venres polo
mandatario, pode interpretarse como unha das decisións.
Transferencias de Portos e Aeroportos á administración popular no
Estado Carabobo.
O presidente recordou aos gobernadores de oposición, que se manifestaron en contra da Lei Orgánica de Descentralización, que deben
acatar a Lei, advertíndolles as consecuencias de non obedecela.
TeleSUR _
O presidente venezolano, Hugo Chávez, informou que desde este sábado o
Goberno Bolivariano tomou control dos portos e aeroportos de todo o
país para cumprir co estipulado na Lei de Descentralización.
Durante un consello de ministros transmitido pola canle estatal Venezolana
de Televisión (VTV), desde o Palacio de Miraflores, Chávez se referiu ao
proceso de descentralización coa reforma da Lei Orgánica de Descentralización,
Delimitación e Transferencia de Competencias do Poder
Púbico, aprobada recentemente pola Asemblea Nacional, que pon a disposición
do goberno a administración e mellora, exercendo a soberanía
sobre autoestradas, portos e aeroportos.
Recalcou que "hai movementos de apoio do pobo, dos traballadores", á vez que
agregou que esta medida é a favor do pobo, da nación e a
sociedade".
Coa aplicación desta lei, continuou, o Goberno Revolucionario vai crear un plan estratéxico de investimentos, modernización, desenvolvemento. "Imos crear unha corporación de portos nacionais e aeroportos nacionais e
internacionais ... Como sempre debeu ser do Estado nacional, pero que
será administrado a través do Goberno".
"Temos o reto de converter cada centímetro cadrado desas áreas
estratéxicas de Porto Cabelo en áreas de construción do novo modelo
social. Non é que o patrón sexa o Estado", aclarou o mandatario, á vez que
recalcou que se trata dun modelo socialista".
Por tratarse dun proceso que conforma a Revolución Bolivariana, "o
patrón é o pobo, a nación, e o Estado só é o que administra".
Así mesmo, Chávez reiterou que a Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB)
está orgullosa do proceso de centralización, "porque eles saben moi ben
do que se trata a soberanía nacional", dixo á vez que recordou que na
actualidade a FANB está aliñada co pobo.
Mentres recalcaba isto, o Xefe de Estado suramericano precisou que a
oposición venezolana ante a aplicación desta reforma de lei aprobada,
"saltan como tolos, porque estamos tocando os intereses desa oligarquía
que son os intereses imperiais".
"Por este camiño estaremos liderando a independencia nacional", recalcou.
TeleSUR - PL - VTV / in -/IM