sábado, 22 de novembro de 2008

10º encontro PPCC. TRIBUNA POPULAR



10º Encontro Internacional de Partido Comunistas e Obreiros do Mundo



Escrito por Tribuna Popular

18.11.2008



Partidos comunista e obreiros de todo o mundo concentraranse o fin de semana en Brasilia


Propoñerán alternativa ao sistema capitalista



10º Encontro Internacional de Partido Comunistas e Obreiros do Mundo



"Esta crise, con efectos moi duros para os traballadores e os pobres do mundo, é unha acta de acusación do capitalismo e crea un ambiente propicio para que se denuncie o sistema capitalista e se presénte unha alternativa"



Sao Paulo, 18 nov. Tribuna Popular TP.- Entre o 21 ao 23 de novembro, celebrarase nesta sede suramericana, o 10º Encontro Internacional dos Partidos Comunistas e Obreiros de todo o mundo, cuxa transcendencia está directamente relacionada coa profunda crise do sistema capitalista e a necesidade de elaborar unha alternativa aos grandes problemas que atravesa a humanidade.

"Esta crise, con efectos moi duros para os traballadores e os pobres do mundo, é unha acta de acusación do capitalismo e crea un ambiente propicio para que se denuncie o sistema capitalista e se presente unha alternativa", declarou o secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista do Brasil (PCdoB), José Reinaldo Carvalho, anfitrión do evento.

"Prometéronnos un mundo de paz e prosperidade tralo colapso do comunismo, e non é o que estamos vendo; por iso, mentres o mundo sucumbe a unha xigante crise capitalista, percibimos un crecente interese no que o comunismo ten que dicir", afirmou o secretario xeral do PC británico, Robert Griffiths, que estará presente no encontro.

A crise está "revelando os límites históricos do capitalismo (...) confirmando a validez das teses do marxismo-leninismo", conclúe o máis recente documento do Comité Central do Partido Comunista Portugués.

E os portugueses, estupefactos coas millonarias axudas estatais ao sistema financeiro, convocaron o xoves pasado a unha movilización baixo o lema "Basta de millóns para a banca, solucións para quen as necesita".

En definitiva, "Marx tiña razón", proclaman os comunistas estadounidenses, curiosamente uns dos máis esperados do encontro que darán a pauta sobre a percepción do novo xefe da Casa Branca, o demócrata Barack Obama.

Os franceses chaman a "a responsabilidade da esquerda de unirse e adoptar iniciativas" para unha crise que "cuestiona" o "sistema capitalista".

O Partido Comunista de Chile aposta a crear ³un movemento comunista internacional que avance na loita contra o imperialismo e a guerra², sinalan no seu saúdo ao 90 aniversario do PC Grego.

Os comunistas venezolanos suscitaron a urxente necesidade de ³ruptura co sistema de dominación² e agregan que ³a profundidade da crise do sistema de dominación do capitalismo na súa fase imperialista o que demanda é un novo modo de produción, é un cambio e transformación profunda do modo de produción capitalista para avanzar na construción do socialismo², para o que abriron un debate sobre a necesidade de nacionalizar o sistema financeiro en Venezuela.

"Este é o momento de saber que tipo de economía necesitamos", dixo fai unha semana o secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE), Francisco Frutos, chamando a un papel máis activo dos comunistas. "É un momento para que a esquerda se entusiásme e agrúpe", asegura o secretario xeral do Partido Comunista da Arxentina, Patricio Echegarai.

Tamén o PCV se pronuncia por ³acadar niveis superiores de acción e coordinación do movemento comunista internacional², sinalou Oscar Figuera, secretario xeral. Recordamos que a III internacional Comunista, creada por Lenin, foi disolta en mayo de 1943, como produto da loita contra o fascismo.

A reunión de Sao Paulo, que concluirá cunha proposta de alternativas á crise, recibirá a representantes dos últimos cinco partidos comunistas no poder: China, Cuba, Corea do Norte, Vietnam e Laos. Unir forzas é un dos temas desta reunión, explica Carvalho.

China será un actor importantísimo neste encontro. Recordamos que se converteu no grande actor no contexto internacional. O seu presidente e xefe do Partido Comunista, Hu Jintao, participou o sábado do cume do G20 de potencias industrializadas e emerxentes en Washington, destinada a buscar respostas comúns á crise.

"China mostrou (ao mundo capitalista) que a planificación da economía e a propiedade pública han ter un rol vital no seu alto desenvolvemento social e económico", explica o líder dos comunistas británicos.

"O crecemento da China e o fortalecimento das economías da India, Brasil e Suráfrica deixaron atrás a idea de que os que impulsaban o crecemento mundial eran EEUU e Europa", segundo o PCA arxentino.

O ano pasado o Encontro Internacional de Partidos Comunistas celebrouse en Minsk, Bielorrusia, no marco do nonaxésimo aniversario da Revolución Rusa. Anteriormente, sempre ocorrera en Europa.

Desde Tribuna Popular, órgano do Partido Comunista de Venezuela, saudamos o 10ª Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros, expresamos que as deliberacions e relatorios abrirán novos camiños á humanidade para superar a barbarie capitalista.