PAOLA ÁLVAREZ
BERLÍN
O Goberno alemán foi un paso máis aló nos seus plans de rescate ao elaborar unha lei á medida dun banco: o Hypo Real Estate (HRE). O proxecto normativo aprobado onte polo Consello de Ministros prevé a nacionalización de entidades financeiras afectadas pola crise e amplía de tres a cinco anos as garantías para asumir a súa débeda.
O ministro de Finanzas, o socialdemócrata Peer Steinbrück, admitiu tras a reunión do Executivo que a estabilización do banco hipotecario muniqués marcou a definición da nova lei, xa que se este se declarase en bancarrota afectaría a toda a estrutura financeira do país. De feito, asegurou que o Goberno non ten ningún outro banco en mente para esta medida.
Steinbrück negou ademais que o obxectivo do Executivo sexa ampliar o seu poder sobre as institucións financeiras e recordou que a nacionalización sería o último paso tras esgotar outras vías. A pesar de todo, os ánimos dos accionistas e expertos do sector, que rexeitan unha posible expropiación do HRE, non acougaron.
A Asociación alemá de protección dos accionistas, DSW, asegurou que xa analiza a posibilidade de presentar unha demanda fronte ao Tribunal Constitucional no caso de que o Goberno recorra a este extremo. Pola súa banda, a cancillera Angela Merkel dixo que "non hai alternativa" a esta lei e, na mesma liña que Steinbrück, asegurou que o obxectivo é asegurar o diñeiro dos contribuíntes alemáns. O HRE recibiu xa case 90.000 millóns en garantías por parte do Estado.