Desde o 14 de xaneiro, entrar en Italia sen documentación é un delito,
castigado cunha multa de entre 5.000 e 10.000 euros. A lei aprobada polo
Senado italiano forma parte do pacchetto sicurezza (paquete de seguridade),
un conxunto de medidas propostas polo Goberno que a cámara
italiana irá debatendo ao longo dos próximos meses.
PROTESTAS PREVISTAS. A Rede chamou á mobilización, baixo o lema
"Nós non temos medo: non aceptamos a sociedade do racismo, da
explotación e do control". Unha das súas grandes citas será unha manifestación
en Roma o 31 de xaneiro.
Co obxectivo explícito de evitar "aqueles comportamentos que desatan un
medo difuso na sociedade civil", as propostas lexislativas da
gobernante coalición de dereitas pretenden introducir cambios radicais nas
políticas de inmigración. Xa antes do verán, cando foi anunciado por Goberno,
o proxecto suscitou feroces críticas por parte de organizacións
de apoio aos inmigrantes, movementos sociais e ONG. En balde, xa que
varias das medidas xa foron aprobadas.
Segundo denuncia nun manifesto a Rede contra do Paquete de Seguridade
-plataforma de asociacións recentemente constituída cando o conxunto de medidas
estea aprobado, "quen non teña permiso de residencia non poderá ser
atendido nos servizos médicos de urxencia nin acceder a unha asistencia
médica correcta porque médico estará obrigado a denuncialo; non poderá
recoñecer legalmente aos seus fillos, nin casar, nin darse de alta no sistema
nacional de saúde porque non poderá inscribirse no rexistro civil; non poderá
recibir nin enviar diñeiro porque o dono da oficina de cambio estará
obrigado a denuncialo".
O paquete inclúe, ademais, outras numerosas medidas polémicas: a detención
nos Centros de Internamentos de Estranxeiros poderá estenderse ata
os 18 meses e as reagrupacions serán cada vez máis difíciles. Polo momento,
Goberno anunciou que ten previsto non conceder ningún permiso de residencia
durante 2009.
En canto aos preto de catro millóns de inmigrantes que si teñen
permiso de residencia, serán sometidos a unha presión constante. O seu permiso
será transformado nun cartón "por puntos" que se van perdendo con cada
delito sanción administrativa, e que, ao esgotarse, caduca automaticamente.
O Goberno tamén quere introducir unha taxa de entre 50 e 400 euros,
definida como "contribución", a pagar para renovar o permiso de residencia.
Segundo diferentes movementos sociais, este proxecto de lei tende tamén á
criminalización de calquera estilo de vida que poida cualificarse de "diferente".
Resaltan que unha das reformas imporá, para poder
inscribirse no rexistro civil, a obrigación de presentar un certificado
de habitabilidade para demostrar que se vive "en condicións dignas",
condicións que serán definidas pola Lei. A Rede contra do Paquete de Seguridade
afirma que "esta norma golpea tanto aos migrantes como ás
persoas que non teñen un lugar estable onde vivir, como aos ocupantes de casas,
ou ás persoas que non poden alugar unha". O executivo pretende
tamén crear un rexistro de persoas sen fogar.
O "paquete de seguridade" tamén atribuirá a facultade ás
administracións locais de colaborar con asociacións voluntarias de cidadáns
no control da seguridade do territorio, o cal legalizaría
de facto as "roldas cidadás". Os grupos de cidadáns que patrullan as
rúas son un fenómeno bastante estendido sobre todo no norte de Italia e significáronse pola violencia que despregaron cara a inmigrantes,
prostitutas e drogodependentes. "Queda claro", sostén o manifesto da
Rede "que a única inmigración que eles queren é a que está ligada ao
traballo domestico: nas últimas cotas, das 150.000 chegadas, 104.000
foron reservadas para empregadas do fogar e para as persoas que coidan
anciáns".
A Rede chamou á mobilización. Baixo o lema "Nós non temos
medo: non aceptamos a sociedade do racismo, da explotación e do
control". Unha das súas grandes citas será unha manifestación en Roma o 31 de xaneiro..