sábado, 21 de fevereiro de 2009

Pecha o Foro Social Mundial con ampla axenda de mobilización

FSM-PECHE

Ao redor de 115 mil persoas e organizacións participaron do Foro Social Mundial que finalizou este domingo en Belém do Pará, Brasil. Houbo 142 países representados en máis de 2 mil 300 actividades durante 6 días.
Segundo os números entregados polo Consello Internacional do FSM, o encontro reuniu a máis de 5 mil 800 entidades representadas en Belém. De todas estas, 4 mil 190 chegaron desde América do Sur.

Por outra banda, o Foro contou coa presenza de 4 mil 500 comunicadores e precisou a colaboración de máis de 4 mil 800 persoas involucradas na organización.

Logo da conferencia de prensa de peche, a integrante do Consello do Foro Social Europeo, Rafaella Bollini, informou que o Consello Internacional decidiu repetir o encontro cada dous anos.

"Non podemos estar cada ano traballando para facer un foro. Temos a axenda das loitas sociais para facer na casa", argumentou Bollini.

Ademais, Bollini sintetizou a axenda próxima de mobilización social global proposta no FSM.
Na terceira semana de marzo convocouse ao Cume Mundial polo Dereito á Auga para contestar ao Foro da auga organizado por multinacionais en Istambul, Turquía.

O 1 e o 2 de abril haberá manifestacións en todo o mundo en oportunidade do encontro do G20.
O 4 abril realizarase unha gran concentración en rexeitamento á celebración dos 60 anos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en Estrasburgo.

A isto debe sumarse a acción de repudio á reunión do G8 en Italia e a convocatoria á mobilización en repudio aos ataques israelies nos territorios palestinos.

Ademais, as organizacións indíxenas convocaron para o 12 de outubro a unha mobilización global contra a mercantilización da vida e para defender a terra.

Para rematar, as organizacións sociais convocáronse para o Cume mundial de movementos en ocasión do encontro de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático.(PÚLSAR)