domingo, 22 de fevereiro de 2009

A Lei de Partidos española exemplo para a ultradereita israelí contra os árabes


Tanto a ONU como Amnistía Internacional criticaron moi duramente a norma
A Lei de Partidos española exemplo para a ultradereita israelí contra os árabes

Ramón Sans
Ala Bedi Irratia


Desde o partido ultradereitista Israel Beytenu deféndese que ?sen lealdade ao estado, non hai cidadanía? (profesores Israelis compárano coas leis nazis), e o principal lider ultradereitista Lieberman solicita que para ilegalizar partidos e perseguir a cidadáns críticos coas actuacións sionistas do goberno de Israel se copie a lei de partidos políticos de España (ler o artigo en inglés do político Israelí).
A lei orgánica 6/2002 de 27 de xuño de partidos políticos, actualmente esta lei permite (por ?contaminación?) negar a unha persoa os seus dereitos políticos sen xulgala, (negar o dereito a convocar manifestacións, a participar nas eleccións ou a realizar roldas de prensa?) por actos políticos LEGAIS do pasado considérase que determinadas persoas independentistas están ?contaminadas?.
Sen mediar xuízo condenatorio pódenselles negar dereitos de cidadanía, a persoas que ata o momento tiñan o coñecido certificado de antecedentes penais inmaculado e que " se convérten en delincuentes" cando deciden participar nas eleccións.
E cal é a principal razón esgrimida para perseguir e chegar a encarcerar a estas persoas?
O SILENCIO, o "no comment" dos anglosaxóns, España esixe lealdade, apoio na súa loita contra o independentismo armado de ETA e quen non o dá non ten os dereitos de cidadanía dos españois. Así de sinxelo, o estado español ESIXE condenas como condición para recoñecer dereitos.
VEXAMOS Os ANTECEDENTES DESTE TIPO DE LEIS
En 1935 os nazis proclamaron a lei sobre cidadanía, que establecia dentro dun estado nazi o que debían facer os individuos para ser recoñecidos como cidadáns alemáns. En plena sintonía con Hitler en 1939, o rexime fascista de Franco estableceu a lei de responsabilidades políticas pola cal as persoas en función da ideoloxía e dun pasado político perdían dereitos, perdían traballos públicos, sufrían sancións económicas, podían perder a nacionalidade española e eran condenados á morte, por realizar actividades políticas legais durante a 2ª República. Esta xustiza aplicábase nos TRIBUNAIS REXIONAIS de RESPONSABILIDADES POLÍTICAS xunto cunha interpretación fascista das leis.
Quizais unha das sentenzas máis coñecidas foi a do President de Catalunya, Sr. Companys, que logo de ser entregado pola Gestapo aos fascistas por Irún, foi torturado en Madrid e asasinado tras un ?xuízo? en Barcelona en 1940. Sentenza secreta durante decadas que anos logo da morte do ditador, solicitouse fose anulada desde institucións catalás e desde a propia familia, pero que o actual goberno do PSOE negouse e mantén a legalidade fascista de 1940 [fontes 1, 2, 3, 4, 5]. O Partido popular está de acordo con esta actuación, e negouse a participar na homenaxe de 28 de agosto de 2000 en Irún (ao final deste artigo de nodo 50.org recóllese o dato e recomendámosvos esta entrevista co Sr. Toni Strubell un dos organizadores da homenaxe).
De todo o anterior cabe destacar que relatores da ONU criticaron moi duramente a España, que Amnistía Internacional tamén se mostrou moi crítica coa Lei de Partidos, tomáronse en moitos casos medidas PREVENTIVAS sen terse celebrado xuízo algún.
Todas as sentenzas condenatorias realizadas en España son PROVISIONAIS xa que están recorridas ao tribunal de dereitos humanos de Estrasburgo, pero a pesar de todo foron executadas de xeito rigurosísimo contra as persoas e os bens dos partidos políticos ilegalizados, algúns dos cales loitaron contra os nazis e foron condecorados polos aliados vencedores da 2º guerra mundial A.N.V. (Acción Nacionalista Vasca). De igual xeito que na Alemaña Nazi ningunha voz se ergueu contra o que estaban facendo contra os xudeus, o que ocorreu en España ou o que a ultradereita quere que ocorra en Israel contra os palestinos, non motivou ningún movemento solidario visible de repulsa.