COREA 60 ANIVERSARIO
O Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) e os Colectivos de Xovenes Comunistas (CJC) enviamos un fraternal saúdo ao pobo de Corea do Norte e ao seu goberno revolucionario, en ocasión do 60 aniversario da fundación da República Popular Democrática.
O 9 de setembro de 1948 abriuse unha nova etapa na historia de Corea. Ese día culminou un longo proceso de loita pola independencia nacional e naceu así a Corea Socialista. Pero pronto a nova república tivo que facer fronte a unha brutal guerra contra o imperialismo norte-americano, ao que lle atraía a situación estratéxica da península coreana: entre a China Popular e a Unión Soviética. É pouco coñecida en Occidente a historia da guerra de Corea. Con todo, está chea de accións heroicas e de grandes sacrificios. Tras tres anos de agresión, a guerra finalizou coa primeira derrota do imperialismo norteamericano.
Desde entón, a historia da Revolución en Corea móstranos un modelo orixinal de construción do socialismo. Corea, un país atrasado en 1945, multiplicou en 431 veces a súa produción industrial en 4 décadas. A industrialización é un éxito da dirección política e económica do país, pero tamén de todo o pobo do norte de Corea, que a través do movemento Chollima contribuíu de forma activa con innovacións, traballo voluntario e participación activa.
Corea do Norte tamén resolveu a cuestión agraria, a pesar de ter unha escasa superficie cultivable. A RPD de Corea ofrécenos un caso único de colectivización rápida, pacífica e eficaz. O modelo de agricultura intensiva en Corea do Norte, con investimentos masivos en capital humano e infraestrutura, permitiu converter o agro norcoreano nun celeiro autosuficiente.
Con todo, o que os comunistas do Estado Español realmente admiramos é a vontade do pobo coreano de seguir construíndo o socialismo durante os difíciles anos 90. Moitas experiencias socialistas foron derrotadas a finais dos anos 80. En 1991 caeu a Unión Soviética, primeiro país socialista da historia. Corea, pola contra, resistiu á onda contra-revolucionaria.
A crise non só se deixou sentir no campo socialista. Os comunistas do Estado Español e, en xeral, do mundo enteiro, entramos nun período complicado no que a moral de derrota foi unha das notas predominantes. Esta é unha laxa que só hoxe estamos conseguiendo quitarnos, a través da loita e dun proxecto que crece coa mobilización.
Durante esta dura etapa recoñecemos o labor realizado pola RPD de Corea. En 1992, tras o esborralle do campo socialista, Corea impulso a Declaración de Pyongyang, na que máis de 150 partidos comunistas e obreiros do mundo enteiro reivindicamos o socialismo como única vía posible de desenvolvemento para a humanidade.
Os xóvenes comunistas do Estado Español tamén recordamos o XIII Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes, celebrado na capital coreana, así como o intenso papel despregado pola Liga Comunista Xuvenil Kim Il Sung no marco da Federación Mundial da Mocidade Democrática.
A día de hoxe, a Revolución Coreana é o proxecto socialista en vigor con máis antigüidade. Corea xoga un rol importante dentro da loita anti-imperialista, da solidariedade con países do Movemento dos Non-Aliñados e da loita polo socialismo. Todo iso nun contexto de bloqueo económico imposto polo imperialismo yanki, que ocupa o 50% do país.
Por iso, hoxe, no 60 aniversario de fundación da República Popular Democrática de Corea, os comunistas do Estado Español enviámoslles o noso mellor saúdo e desexamos que as relacións entre os nosos partidos e organizacións xuvenís sexan cada vez maiores.