sexta-feira, 26 de setembro de 2008

Do Comité Nacional do Partido Comunista de EEUU (PCUSA)

Do Comité Nacional do Partido Comunista de EEUU (PCUSA)



O Partido Comunista de EEUU condena a actitude intimidatoria da administración Bush cara a Bolivia e os seus veciños







O Presidente boliviano Evo Morales tentou acabar coas grandísimas inxustizas históricas no seu país por medio dun máis xusta repartición da terra e dos beneficios do gas natural e doutros produtos bolivianos. En resposta a isto, as elites ricas que controlan os gobernos de varias das provincias máis ricas estiveron saboteando as instalacións de gas natural, destruíndo arquivos de propiedade da terra, masacrando a campesiños indíxenas, e chamando abertamente ás forzas armadas a derrocar a Morales, quen recentemente gañou un referendo revogatorio co 67% dos votos.



A actual administración dos Estados Unidos, a quen lle encanta dar leccións a outros gobernos sobre democracia e estado de dereito, sitúase de forma moi evidente ao lado das forzas antidemocráticas e separatistas. A administración Bush estivo enviando fondos a organizacións privadas bolivianas e rexeitou revelar que grupos están a obter diñeiro e con que fins. Non é de estrañar que Morales sospeite que Bush financia á oposición dereitista, como tampouco o é que expulse ao embaixador de EEUU en Bolivia. Desgraciadamente, a expulsión do embaixador provocou feas ameazas do Departamento de Estado de EEUU. Existe a ameaza real de que a administración Bush tente montar un golpe militar para derrocar ao goberno democraticamente electo e extremadamente popular de Bolivia. Este feito sería malo en calquera lugar, pero particularmente deplorable en Bolivia, país que só moi recentemente deixou de estar baixo control dunha longa serie de brutais ditaduras militares.



Esta actitude coincide coas accións adoptadas pola Administración Bush cara a outros países da rexión que rexeitan a dominación imperialista, como Venezuela, Paraguai, Ecuador, Nicaragua e, por suposto, Cuba. é gratificante comprobar que a maioría dos gobernos da rexión están a acudir en apoio de Bolivia, como se comprobou no recente encontro no Palacio da Moeda, en Santiago de Chile.



O PCUSA fai un chamamento a todos os cidadáns norteamericanos para que rexeiten as accións da administración Bush e se mobilícen para deter unha intervención norteamericana en Bolivia e no resto de países da rexión.





TRANSMITIDO POR



EMILE SCHEPERS, SECRETARIA



DEPARTAMENTO INTERNACIONAL



PARTIDO COMUNISTA DOS EEUU

235 W. 23RD ST, NEW YORK, NY 10010

E-mail international@cpusa.org