PC ENEZUELA. O inimigo a vencer en novembro está na Casa Branca:
INICIÓU campaña electoral con xornada antiimperialista
No primeiro día oficial de campaña para as eleccións rexionais do 23 de novembro, movementos sociais, organizacións políticas, militantes e simpatizantes atenderon a convocatoria do Partido Comunista de Venezuela (PCV) a concentrarse fronte á sede da embaixada norteamericana en Caracas.
Caracas, 23.09.08. Modaira Louro/ FDA. A pesar das fortes medidas de seguridade que impediron o achegamento de quen pacíficamente acudiron para manifestar o seu rexeitamento ás políticas da administración Bush, unha delegación composta por Óscar Figuera, Secretario Xeral do PCV, Douglas Gómez, Elena Linárez, Carlos Aquino e Yul Jabour, foi atendida por funcionarios da embaixada norteamericana para recibir un documento que condena os plans conspirativos golpistas e os intentos de magnicidio contra o Presidente Hugo Chávez Frías, os intentos de balcanización de Bolivia e o apoio militar e financeiro ao Plan Colombia.
De igual modo, o contido do texto ratifica a solidariedade con Cuba Socialista e solicita o fin do bloqueo económico en contra desta república caribeña e apoia a expulsión dos Embaixadores de EEUU en Venezuela (Patrick Duddy) e Bolivia (Philip Goldberg) e de José Miguel Vivanco, axente de Human Rights Watch.
O documento finaliza cun chamado a todo o pobo venezolano a profundar a defensa do proceso revolucionario, no marco do desenvolvemento da campaña electoral e á elección de verdadeiros cadros revolucionarios a Gobernaciones, Alcaldías e Consellos Lexislativos, pois o inimigo a vencer está na Casa Branca e non nas toldas partidistas da oposición.