*Partido Comunista de Irlanda*
*James Connolly House, 43 East Essex Street, Amorne Bar, Dublin 2*
*13 Setiembre 08*
*Declaración sobre a Situación actual en Irlanda*
Na súa reunión do 13 de setiembre, o Comité Executivo Nacional do Partido Comunista de Irland debateu a crecente crise económica en Irlanda, Norte e Sur, así como do persistente estancamento político no Executivo do Norte en canto á transferencia das competencias en materia de Seguridade e Xustiza.
O PCI considera que a culpa do persistente estancamento nas transferencias debe ser atribuída ao DUP e debe entenderse como parte da súa estratexia electoral de face ás eleccións locais e as do Parlamento Europeo do ano próximo.
A reunión expresou tamén a súa profunda preocupación ante a crecente taxa de desemprego na industria da construción e o anuncio case diario de perdas de postos de traballo , así como do peche por parte das compañías transnacionales das súas sedes irlandesas, que confirma o antigo prognóstico do noso partido sobre as consecuencias de noso ?modelo de desenvolvemento económico?.
A crecente perda de postos de traballo, unida ao agravamento da crise financeira global, terá un serio impacto sobre as vidas dos traballadores e as súas familias, moitas das cales enfróntanse non só ao desemprego senón á posible perda da súa vivenda, xunto co crecente ataque contra os servizos públicos.
Estas fracasadas políticas económicas foron levadas a cabo no Sur por sucesivos gobernos en bancarrota, e no norte pola actitude do actual goberno de Londres, a quen preocupa pouco ou nada o que considera como unha economía periférica.
O PCI esixe a plena transferencia de competencias fiscais e económicas á Asemblea e Executivo de Irlanda do Norte, como paso necesario cara ao levantamento dunha economía sostible baseada no conxunto do país, para maximizar o potencial de todo o noso pobo e o uso dos nosos recursos naturais. A posta en propiedade pública de todas as novas casas e apartamentos baleiros, a fin de resolver o problema da carencia de vivenda.
O Comité Executivo Nacional insistiu en que só a mavilización dun movemento obreiro máis independente no conxunto do país, esixindo un cambio na política económica, poderá garantir o éxito.
O Partido tamén expresou o seu apoio á Alianza para a Elección e pediu apoio para unha campaña de base ampla.
A reunión expresou tamén a súa profunda preocupación ante a posibilidade de que o movemento sindical camiñe cara a un novo Pacto de ?colaboración social? neste momento, pois este podería ser visto por moitos traballadores como complicidade co que parece ser un maior ataque por parte do goberno do Sur contra as condicións de vida dos traballadores. Fin do comunicado.
Eugene Mc Cartan
Secretario Xeral