O Plan Cóndor de Uribehitler:
Escrito por Tribuna Popular
31.08.2008
O revolucionario Narciso Isa Conde e o Intelectual ecuatoriano, Dax Toscano
Entrevista de Dax Toscano* a Narciso Isa Conde
Narciso Isa Conde converteuse no novo branco do réxime fascistoide do narco-para-fascista de Álvaro Uribe. En conxunto con organismos represivos doutros países, así como con institucións policiais e xudiciais internacionais creadas co propósito de reprimir a todas e todos quen se opón á orde burguesa-capitalista, o goberno colombiano pretende aniquilar aos combatentes e militantes revolucionarios que a nivel mundial loitan porque en Colombia xurda a Patria Nova. Esta é a razón da campaña mediática, legal e policial desatada contra Narciso Isa Conde, a quen inclusive pretenden calar coa perpetración dun ataque contra a súa vida. Nesta entrevista Narciso desenmascara ao réxime paramilitar de Uribe, o mesmo que goza do respaldo da CIA e o Mossad.
DAX.- En carta dirixida ao Procurador Xeral da República Dominicana, licenciado Radhamés Jiménez, enviada o 12 de agosto de 2008, ti denunciabas as accións realizadas polo réxime do narco-para-fascista de Uribe, a CIA e o Mossad israelí, as cales, segundo expós neste documento, teñen como obxectivos incriminarte legalmente polos teus vínculos coas FARC-EP e, ademais, perpetrar un atentado criminal contra ti. En que baseas estas afirmacións? Cales son as probas que tes sobre isto?
NIC.- Calquera persoa que teña capacidade de romper o cerco de mentiras que difunden os grandes medios e axencias de comunicación a escala latino-caribeña e mundial, pode apreciar que o réxime de Álvaro Uribe ten record de asasinatos, desaparicións, descuartizamentos, torturas, asociación co para-militarismo e co narco-poder que impera en Colombia.
Quen están medianamente informados poden apreciar que o Estado colombiano é un Estado terrorista e que Uribe é unha expresión audaz e intelixente da preeminencia do procreo paramilitar convertido en cartels da droga e en nova partidocracia gobernamental.
O chamado escándalo da ³para-política² arroxa innumerables probas desa realidade e a propia historia familiar de Uribe consustanciada co cártel de Medellín (Pablo Escobar, Hnos. Ochoa) e coas matanzas en Antioquia non dá lugar a dúbidas respecto da veracidade desta aseveración.
En canto ao esforzo do seu réxime tutelado en intelixencia, tecnoloxías e políticas militares polo Pentágono, a CIA, as unidades ³antiterroristas² israelís e a MOSSAD- por criminalizar a miña posición política respecto ao proceso colombiano e as miñas relacións históricas de solidariedade coas FARC-EP, podo citar varias expresións e iniciativas:
- Ao comezo do seu primeiro mandato, logo da miña visita aos diálogos de paz de Caguán e de publicar as miñas vivencias e impresións nos campamentos das FARC, Uribe comunicoulle a un ex-presidente dominicano que en Colombia habían sectores dispostos a asasinarme. Ese ex-presidente fíxome chegar esa confidencia.
- O propio Uribe e o vicepresidente Santos cualificáronme de ³representante das FARC² e abriron as comportas para que os medios de comunicación máis reaccionarios de Colombia e do continente me acusásen de ³ideólogo do plan de expansión das FARC² a nivel internacional.
Este tipo de acusación é sempre o preludio de plans tenebrosos e é ben coñecido que ese réxime e os seus titores practican o asasinato dentro e fóra das súas fronteiras.
- En ocasión do II congreso da CCB realizado en Quito no 2007, colocáronse letreiros en toda a cidade cualificándome de ³terrorista².
- Supostos datos obtidos da supercomputadora de Raúl Reyes presentáronme falsamente como intermediario entre Raúl Reyes e o goberno do Presidente de Correa.
- O goberno de Uribe enviou discretamente ao xeneral Mario Montoya tratar o meu caso cos xefes civís e militares do meu país.
Posteriormente dúas misións de oficiais de intelixencia colombiana visitaron secretamente a República Dominicana con igual propósito e recentemente decateime de moi boa fonte que a alta xerarquía civil e militar do país sentíase presionada e consideraba a miña situación como ³moi difícil². Desde entón puiden detectar un intenso labor de vixilancia dos meus movementos, a cal dura ata a data.
- Autoridades xudiciais e de intelixencia colombiana entrarán en relación coa Procuradoría Xeral da República para examinar posibilidades de acusación e extradición.
Teño información de fontes internas do goberno que pola parte colombiana o ³asunto xudicial² está a cargo dunha persoa de orixe colombiana que traballa na Embaixada de EEUU en Santo Domingo; o que evidencia o estreito vínculo e a colaboración entre os servizos de intelixencia estadounidense e colombiano, e explica -non xustifica- a actitude pusilánime do presidente Fernández e do seu goberno, incapaz de deter a intervención e de pararlle o coche a eses señores do crime.
Esa mesma fonte fíxome saber que a variante ³seudo-xudicial² serve de manto a plans criminais máis concretos dos cales non son alleos nin o Embaixador de Colombia en República Dominicana, coñecido dirixente paramilitar, nin o novo agregado militar desa representación diplomática. Este último intentou aproximacións indirectas.
- Para rematar, recibín mensaxes, que pola xerarquía da súa fonte e por características dos intermediarios, non deixan a menor dúbida desa intención criminal, así como da actitude do goberno dominicano de non detela. Polo momento debo reservarme a orixe desas informacións.
DAX.- Varios feitos demostran que o réxime fascistoide colombiano, comandado por Uribehitler, do mesmo xeito que o fixo o criminal de Pinochet en alianza con outros dictadorciños no Cono Sur e coa CIA na década do setenta a través do Plan Cóndor, está en capacidade de lanzar ataques certeiros que inclúen a persecución, secuestro, tortura, asasinato e desaparición de todas aquelas persoas que dunha ou outro xeito teñen algunha relación co movemento revolucionario colombiano, principalmente coas FARC-EP, como o demostra o secuestro de Rodrigo Granda en Caracas, en decembro de 2004. tiveches indicios de movementos persecutorios na tua contra? Producíronse intentos de perpetrar algún atentado na tua contra?
NIC.- O de Rodrigo Grande, o de Simón Trindad, a masacre no campamento do comandante Raúl Reyes? indican que o terrorismo de Estado colombiano traspasou ha tempo os límites xeográficos dese país.
A súa vocación punitiva a escala internacional é máis que evidente.
Os plans para asasinar ao presidente Chávez son ben coñecidos.
Igual foi denunciado o plan para asasinar o deputado venezolano Amilcar Figueroa e a outros representantes ao Parlamento Latinoamericano. Dous francotiradores e 10 axentes da intelixencia militar colombiana foron destinados a eses fins, feito que foi frustrado pola captura de dous dos conxurados e a oportuna denuncia do proxecto criminal.
O Estado narco-para-terrorista de Colombia quere parecerse ao israelí; e con eses fins estreitou vínculos de cooperación militar, intelixencia e asistencia de técnicas terroristas coas Forzas Armadas de Israel e a MOSSAD.
Reedita certamente, como ti ben dis, as prácticas internacionais perversas do pinochetismo e das tiranías do Cono Sur, agora desde un formato seudo-democrático.
Aquí, no meu país, lograron unha forte infiltración narco-paramilitar e puxeron en marcha un plan de investimentos económicos cun grande compoñente de lavado de diñeiro sucio.
O intercambio comercial supera xa os 1000 millóns de dólares e os investimentos son cuantiosos.
O funesto cártel do Val do Norte opera a través de importantes conexións civís e militares.
Todo o que relatei sobre visitas, contactos clandestinos, presenza, seguimentos?ten que ver coa intención de consumar o asasinato desde o seu vicariato e con colaboración en grao sumo perverso deste país.
Esa é a prioridade, porque realmente o tema xudicial, acusación-extradición, desataría unha potente reacción política contraria e fortes expresións de solidariedade en defensa dos meus dereitos políticos. Este país é ultrasensible nese aspecto.
Creo que a están explorando como cobertura da peor opción e procurando de paso detectar vínculos e cargos consistentes, que en verdade non poderán atopar por inexistentes.
Neste país todo o mundo sabe que eu non teño nin un chisco de terrorista, todo o mundo sabe da miña traxectoria revolucionaria intachable. Nin sequer os meus máis acérrimos inimigos políticos atrévense a facer acusacións dese tipo.
A relación solidaria que teño, e que ten o proxecto político revolucionario en que milito coas FARC, son similares, por exemplo á que tivemos co FMLN do Salvador, co FLSN de Nicaragua, co FLN de Vietnam?Sempre desde un digna postura independente.
É máis, podería dicirche que co FMLN chegaron a maior profundidade, posto que non poucos camaradas combateron e deron servizos médicos nas súas frontes de guerra. Catro deles caeron en combate e hoxe son heroes desa nobre causa.
Iso respondeu a necesidades concretas dese período e a requirimentos desa situación, que non son os actuais.
Ninguén máis que eu e os meus camaradas combatemos aquí o narco-poder e o crime de Estado. Hai libros e innumerables denuncias que o testemuñan.
Os gobernantes salvadoreños da mesma calaña de Uribe non se atreveron a formular cargos aquí pola nosa actitude respecto do que pasaba no Salvador. O temor ao ridículo contívoos. Uribe nese aspecto parece ser máis pérfido e descarado, e sobre todo coñece menos esta realidade, pero de persistir no ³xudicial² vaise a ir de bruzos e vai meter ás autoridades dominicanas nunha trampa fea e desacreditante.
Todo isto faime pensar esa vertente da criminalización é moi vulnerable e que por iso prefiren facerme desaparecer do mapa, o que tampouco lle será fácil, dado que hai ³non crentes² que temos moitas oracións detrás.
DAX.- O xornalista Freddy Muñoz foi detido en novembro de 2006 baixo os cargos de rebelión e terrorismo. Unha das probas presentadas polo Estado colombiano foi unha fotografía na que Freddy Muñoz aparece xunto a un grupo de guerrilleiros das FARC-EP. Outro caso é o do xornalista William Parra, o mesmo que non pode retornar a Colombia debido á acusación perpetrada na súa contra de ser cómplice das FARC, baseada na negativa de Parra de non proporcionar datos do lugar onde se atopa o campamento guerrilleiro onde realizou un traballo xornalístico. De igual xeito a fiscalía chamou a indagatoria ao xornalista do semanario VOZ, Carlos Lozano recoñecido loitador colombiano. Segundo informacións de prensa baseadas en declaracións do fiscal da Corte Penal Internacional, Luís Moreno Ocampo, esta institución estaría investigando as redes de apoio ás FARC-EP en América Latina, o cal, de xeito evidente, implicaría a persecución de todas aquelas persoas e grupos políticos solidarios coa causa revolucionaria colombiana. Que consecuencias poderían ter para ti estes feitos, sobre todo cando fixeches público o teu respaldo solidario coa loita dos revolucionarios colombianos?
NIC.- A eses casos hai que engadir o da loitadora española Remedios García Abert, o dos dirixentes comunistas italianos Ramón Montovani e Carlos Cosolo, o do deputado e dirixente revolucionario venezolano Amilcar Figueroa, o do artista plástico dominicano, comunista de toda a vida, Alfredo Pierre, o da senadora Piedade Córdoba e moitos outros máis.
Trátase dunha cruzada fascistoide de carácter mundial, que se apoia moito nas estruturas e concepcións da ³guerra infinita², da guerra ³antiterrorista², da ³guerra global² estadounidense, e nos seus mecanismos de alianza.
As FARC-EP e toda as forzas insurxentes colombianas foron estigmatizadas a niveis inimaxinables, foron criminalizadas en grao extremo e o réxime de Uribe e os falcóns de Wáshington están empeñados en trasladar ese estigma e esa penalización que ben lle cadra aos seus propios ideólogos imperialistas e prol-imperialistas e aos seus funcionarios civís e militares- a toda aquel ou aquela que denuncie ese sistema de calumnias, a todo aquel ou aquela que teña relacións de solidariedade cos movementos políticos-militares dese país, e ata a quen simplemente propugnan polo troco humanitario de prisioneiros, a paz digna e o recoñecemento das FARC como ³forza belixerante².
Iso da investigación de ³as redes de apoio ás FARC² persegue criminalizar un dereito político, unha tradición revolucionaria histórica, xeralmente desde organismos e gobernos que fan causa común, por comisión ou omisión, aberta ou soterradamente, coas masacres do uribismo e cos xenocidios de EEUU e Israel.
DAX.- O réxime uribista, grazas a unha poderosa campaña propagandística, logrou fabricar o consenso en diversos sectores da comunidade internacional para cualificar a todas e todos quen apoian a loita das FARC-EP como de terroristas. Os medios do engano xogan un rol fundamental neste sentido. Quen apoian politicamente a loita guerrilleira colombiana son acusados de colaborar coa insurxencia, de ser os seus cómplices o cal levou a que o Estado colombiano e outros criminalicen a solidariedade internacionalista revolucionaria. Neste sentido moitas persoas corren o risco de ser perseguidos e requiridos internacionalmente polos organismos policiais e de xustiza ao servizo do imperialismo e a burguesía, como a INTERPOL. Coñeces dalgunha acción a nivel internacional na túa contra?
NIC.- Creo que a apelación de Uribe á INTERPOL para o exame das computadoras de Raúl Reyes, estivo dirixida a apoderala dalgúns aspectos dese plan persecutorio a nivel internacional. O seu informe compracente vén confirmar tal posibilidade.
Alguén ben informado aquí advertiume que me coidase de INTERPOL, pero non teño nada concreto sobre iso.
Sí podo dicir que se a INTERPOL intenta algo contra min vaise a ver nun serio berenxenal, nun lío político maiúsculo.
Esta sociedade dominicana non se traga ese tipo de acusación mendaz e quen colaboren con ela van saír moi, pero moi, mal parados.
Deben pensalo mil veces antes de meterse nesa grotesca aventura alentada polo intrépido señor Uribe, que si ten feitos atroces para formularlle cargos graves.
Por demais, eu non acepto ningunha autoridade policial instrumentalizada. Non acepto pasivamente atropelo algún, nin aquí nin fóra do meu país. Non acepto que ninguén me trate como un vulgar delincuente e debo dicir que se algo logrei nestes longos e intensos anos de loita é que o pobo e toda a sociedade me aprécie como antítese da delincuencia; e que ademais mesmo os meus adversarios ideolóxicos o recoñézan e me respécten por iso, pola miña coherencia política durante décadas de loita.
DAX.- Que accións no plano político e xurídico consideras necesarias para deter as accións represivas do réxime uribista e os seus amos imperiais?
NIC.- Xa iniciamos a pelexa nesa orde.
Estamos emprazando á Procuradoría, estamos alertando ás Cámaras Lexislativas.
Estamos presionando para que cese o silencio cómplice.
Ningunha autoridade dominicana atreveuse a desmentir a miña denuncia.
Uribe auto-incriminouse co que dixo aquí e xa é imposible que o goberno dominicano negue o plan criminal.
O presidente Leonel Fernández, o procurador, os xefes militares e policiais están simplemente e irresponsablemente evadindo dar opinión, pero seguirán sendo emprazados, cada vez máis.
O proceso solidario desatouse aquí e no exterior. Son moitos os pronunciamientos e as reaccións positivas.
Iso vai crecer e debe crecer, non só en relación coa miña persoa, senón con todos(as) os(as) ameazados de diferentes formas.
Hai que dar renda solta á creatividade, a diversas iniciativas destinadas a frustrar esa ofensiva punitiva, fascistoide, criminal, que non respecta fronteiras nin dignidades humanas.
Chamo a atención dos gobernos revolucionarios e progresistas, das forzas políticas e sociais e sobre todo dos liderados que os sustentan, para que reaccionen co vigor de lugar.
Non é simplemente polo meu caso.
Trátase dunha política que violenta soberanías e dereitos, dunha expansión descarada e altamente perigosa do terrorismo de Estado.
Non son entendibles nin o silencio, nin a indiferenza.
Ningunha razón de Estado xustifica esas posturas.
Hai que deter estes plans macabros.
Hai que illar o réxime narco-paramilitar-terrorista de Uribe.
Tirarlle a toalla alenta en grande a súa ousadía criminal, e iso non debe ser, non debe pasar.
Nesa orde debemos todos e todas golpear na mesma dirección, no sentido da condena á cultura da morte e da defensa da vida, no sentido da cultura do amor e a liberdade. Non esquezamos, que como dixo Martí, ³patria é humanidade² e que o que se intenta criminalizar é a loita pola patria, o pan, a alegría e a felicidade de toda a humanidade.
28 de agosto 2008, Santo Domingo, RD.
________________________________________
*DAX TOSCANO é un intelectual ecuatoriano, profesor universitario, especializado en comunicación social.
SEGUEN A ASASINAR SINDICALISTAS E COMUNISTAS NA COLOMBIA.
Cústame escribir este artigo pedido pola camarada que dirixe a nosa publicación do Comité Central. E non é por non saber que dicir, nin que argumentos usar. Cústame pola dor que como comunista sinto ao comprobar que hoxe non facemos, os progresistas do mundo, o que necesitan os comunistas e os sindicalistas da Colombia.
Segue a ser Colombia o estado (seguramente por iso, o máis protexido por EEUU) onde cada ano son asasinados máis sindicalistas que no resto do planeta. O mesmo pódese dicir dos comunistas. Non pasa semana sen novos asasinatos. Cando o visitei puiden comprobar o pouco valor que ten alí a vida. A xente sabe que pode perdela en calquera momento, e non só os que fan actividade política ou sindical.
Nas morgues de Colombia case ninguén recoñece ao seu familiar ou amigo morto, simplemente van ver se está alí. Só así poden ter seguridade de que morreu, de que non está desaparecido, secuestrado, detido e torturado, de que non decidiu pasarse á guerrilla (por iso, entre outras razóns, esta leva xa máis de 40 anos gañando espazo político e militar), etc.. Saben que se recoñecen un cadáver a policía botaráselles encima para que delaten a todos cantos coñezan. Os métodos policiais alá son como os do franquismo aquí.
Facer actividade política anticapitalista na Colombia é arriscar a propia vida. Chega con ver os datos: 1) O ex-xefe paramilitar colombiano Hebert Veloza admitiu ser responsable, xunto co seu grupo armado, do asasinato de máis de tres mil persoas entre os anos 1994 e 2003. 2) O pasado 8 de agosto foi asasinado Luís Mayusa Prada, líder político e social do Partido Comunista Colombiano (PCC) e do Polo Democrático Alternativo (PDA). 3) O Terrorismo de Estado asasina á esquerda. Cifras oficiais: 5000 membros da UP (Unión Patriótica) asasinados durante a existencia desta plataforma de esquerdas. 4) Un terzo dos actuais deputados no Parlamento están procesados ou no cárcere pola súa relación cos paramilitares. 5) A décima parte da poboación atópase en situación de desprazamento, miles de campesiños masacrados ou silenciados, case tres millóns de hectáreas roubadas polos paramilitares e en mans dos seus homes de palla.
As cifras parecen esaxeradas e en realidade son menores que as reais, ás veces disfrazadas pola intervención policial que as diminúe afirmando que moitas mortes políticas non son máis que accidentes ou liortas.
En cambio os EEUU e os gobernos europeos, aceptando á CIA como dirixente mundial, están perseguindo (acusándoas de terroristas) a todas as persoas que lles molestan por ser solidarias coa guerrilla colombiana.
Agora que se van a cumprir os 60 anos da Declaración Universal dos DDHH, faranse moitas conmemoracións pero se continuará aceptando a Uribe como persoa respectable cando viaxe a outros países.
Fronte a esa realidade seguimos con declaracións e denuncias pouco eficaces, como as da OIT (Organización Internacional do Traballo, que debería ser o puntal da defensa da liberdade sindical, inexistente en Colombia). Deberiamos illar politicamente a Uribe, como se fixo cos responsables do apartheid no seu día.
Por iso é tan necesario difundir a realidade de Colombia, pero iso, a auténtica realidade, non o que os medios de comunicación de masas mundiais difunden. Imponse a creación dunha plataforma que traballe nunha campaña sostida de denuncia sobre as manobras de Uribe e de recoñecemento da realidade histórica en Colombia, así como das súas organizacións, esixindo unha solución política ao conflito.
Quim Boix, Responsable Internacional do PCPE
Balance al 24 de agosto: 40 sindicalistas asesinados .
En lo que va corrido del año, 40 sindicalistas han perdido la vida a manos de paramilitares y agentes del Estado, uno más que toda la cifra de
2007. Completo estudio de la ENS, que sumaba 38 sin contar a los trabajadores asesinados a bala simultáneamente en Santa Marta y
Barranquilla el 24 de agosto, del sindicato de la Drummond.
Agencia de Información Laboral ENS. 26 de agosto de 2008
Con el asesinato del lotero José Omar Galeano Martínez, Presidente Nacional de la Federación Colombiana de Loteros (FECOLOC), ocurrido el pasado
sábado en la ciudad de Buga, Valle, ya son 38 los sindicalistas (34 hombres y 4 mujeres) que este año han perdido la vida violentamente en
Colombia, según datos de la Escuela Nacional Sindical. Tal cifra da cuenta del preocupante incremento de este fenómeno en
Colombia, toda vez que el número de sindicalistas asesinados en los 8 meses que van corridos de este año, es casi igual al registrado durante
todo el año anterior, cuando se contabilizaron 39 casos en todo el país. Con un agravante: este año el porcentaje de dirigentes asesinados
es mayor: 15, frente a 10 del año anterior. José Omar Galeano Martínez fue abatido por sicarios que le propinaron dos
impactos de bala cuando, a las diez de la noche, se movilizaba en su motocicleta por las calles de Buga. Según información de la CUT,
central sindical de la cual es filial la Federación Colombiana de Loteros, Galeano Martínez lideraba la lucha en defensa del derecho al
trabajo de los loteros del país, quienes en forma unida se oponen a la entrega de las loterías nacionales a consorcios privados. Por tal
razón, la CUT asegura que se trata de un crimen con móviles políticos. Es el tercer sindicalista asesinado en este mes de agosto. El día 13, en
Puerto Asís, Putumayo, había sido acribillado de 7 impactos Manuel Erminson Gamboa Meléndez, de 32 años y padre de tres niños, quien
figuraba como vicepresidente de la Asociación Campesina para la Defensa del Putumayo, y como miembro de la Junta Nacional de Fensuagro. El
8 de agosto, en Saravena, Arauca, la víctima fue Luis Mayusa Prada, de 46 años de edad, quien ese día había salido a acompañar a uno de sus
cuatro hijos a una cita médica. De regreso a casa, a las 8:00 de la mañana, fue baleado por sicarios, sin que hasta el momento se tenga
información de sus identidades ni de los autores intelectuales. Mayusa se encontraba en Saravena desplazado del departamento del Meta, donde
hasta días antes de su muerte se había desempeñado como integrante de la subdirectiva de la CUT en este departamento. Casos más resonantes Entre
los 38 casos de sindicalistas asesinados este año, cabe mencionar, por la resonancia nacional que tuvieron, el de Guillermo Rivera Fúquene, Presidente de
Sinservpub, cuyo cadáver apareció el 15 de julio en Ibagué, tres meses después de su desaparición en el sector del Tunal, en Bogotá; y el de Leonidas
Gómez Roso, empleado del City Bank y dirigente de la Unión Nacional de Empleados Bancarios (UNEB). Fue asesinado el 7 de marzo en Bogotá, un
día después de la Marcha Nacional contra el paramilitarismo y todas las formas de Violencia, de la cual participó como activista. También se recuerda el
atentado ocurrido el primero de abril en el Valle del Guamez, Putumayo, donde murió Luz Mariela Díaz López,
perteneciente a la Asociación de Educadores del Putumayo, quien al momento de su muerte se encontraba embarazada. Junto a ella también
cayó asesinado el sindicalista Emerson Iván Herrera. Los 38 asesinatos hacen parte del conjunto de 200 violaciones que en lo que
va del año se han cometido contra la vida, la libertad y la integridad de trabajadores sindicalizados, y que comprenden también amenazas,
detenciones arbitrarias, desapariciones forzadas, atentados y otras formas de victimización. La
Central Unitaria de Trabajadores (CUT) ha sido la más afectada por la racha de crímenes. 29 de los asesinados pertenecían a sindicatos
afiliados a esta Central. Otros 5 pertenecían a sindicatos filiales de la CGT, y 4 a organizaciones no confederadas.
El sindicato más golpeado es Fensuagro (Federación Sindical Nacional Unitaria Agropecuaria), filial de la CUT, que registró 5 casos de
homicidio. También el Sindicato Unitario de Trabajadores de la Educación del Valle (Sutep), con 4 homicidios. La Asociación de
Educadores del Norte de Santander y el sindicato de los trabajadores del IMPEC, registraron de a tres casos de asesinatos de afiliados. Llama
también la atención el grado de impunidad que, hasta el momento, ha rodeado estos crímenes, pues, según la información disponible, por
estos hechos sólo han sido detenidas dos personas.
Preocupante situación en Santander, por amenazas Otra circunstancia preocupante tiene que ver con el aumento de sindicalistas
amenazados de muerte, sobre todo en el departamento de Santander.
Mientras en el país en lo que va del año se han denunciado 125 casos de amenazas, en Santander el reporte es de 57 casos de sindicalistas
amenazados, o sea casi la mitad del total nacional en este solo departamento. Los otros departamentos más afectados por las amenazas son Antioquia, donde
se han denunciado 22 casos, el Valle del Cauca con 9 casos, y Norte de Santander con 7.
Lista de sindicalistas asesinados en el 2008
La lista completa de sindicalistas asesinados en Colombia del 1° de enero de 2008 a la fecha, es la siguiente:
NOMBRE SINDICALISTA FECHA MUNICIPIO SINDICATO
ZULUAGA MARIO 02-Ene-08 MEDELLIN ASMEDAS
PÉREZ MONTES ISRAEL ANDRÉS 11-Ene-08 VALLEDUPAR SINTRADRUMMOND
PÉREZ ZAPATA RAMIRO DE JESÚS 12-Ene-08 SAN JERONIMO ADIDA
GONZÁLES ISRAEL 24-Ene-08 SAN ANTONIO FENSUAGRO
SUÁREZ LEAL JOSÉ YEBRAIL 28-Ene-08 BELLO SIGGINPEC
DUARTE ACERO JOSE MARTIN 02-Feb-08 LA MACARENA SINTRAMBIENTE
MESA PASACHOA MARIA DEL CARMEN 08-Feb-08 TAME ASEDAR
TRUJILLO MARIA TERESA 09-Feb-08 SANTANDER DE QUILICHAO ASOINCA
BENAVIDEZ SAMBONI ARLEY 09-Feb-08 BALBOA ANTHOC
GIRALDO MAMIÁN JOSÉ 09-Feb-08 LA VEGA ASOINCA
CARVAJAL RAMÍREZ CARMEN CECILIA 04-Mar-08 OCANA ASINORT
GOMEZ ALZATE GILDARDO ANTONIO 07-Mar-08 MEDELLIN ADIDA
GÓMEZ ROZO LEONIDAS 08-Mar-08 BOGOTA UNEB
MUÑOZ BENAVIDEZ VÍCTOR MANUEL 12-Mar-08 AGUSTIN CODAZZI ADUCESAR
BURBANO CARLOS 12-Mar-08 SAN VICENTE DEL CAGUÁN ANTHOC
JIMÉNEZ MANUEL ANTONIO 15-Mar-08 PUERTO ASIS FENSUAGRO
QUIROZ JOSE FERNANDO 16-Mar-08 PUERTO ASIS FENSUAGRO
ASTROS AMAYA JOSÉ GREGORIO 18-Mar-08 CARTAGO ASEINPEC
GONZÁLEZ MONTES ADOLFO 22-Mar-08 RIOHACHA SINTRACARBON
TROCHEZ PEÑA JULIO CÉSAR 22-Mar-08 SEVILLA SUTEV
HERRERA RUALES EMERSON IVÁN 01-Abr-08 VALLE DEL GUAMUEZ ASEP
DÍAZ LÓPEZ LUZ MARIELA 01-Abr-08 VALLE DEL GUAMUEZ ASEP
LEAL MEDINA RAFAEL ANTONIO 04-Abr-08 ARMERO AICA
ARIZA OMAR 07-Abr-08 SEVILLA SUTEV
GUTIERREZ RUIZ LUIS ENRIQUE 15-Abr-08 TAUSA SINDESENA
CABALLERO ARIZA JESÚS HEBERTO 18-Abr-08 BARRANQUILLA SINDESENA
RIVERA FUNEQUE GUILLERMO 28-Abr-08 IBAGUE SINSERVPUB BTA
CHIQUILLO PASCUALES TOMÁS ALBERTO 10-May-08 ALGARROBO SINTRAPROACEITES SUR DEL CESAR
GELVES LUIS ORLANDO 11-May-08 TAME FENSUAGRO
VERGARA SÁNCHEZ MARCELO 05-Jun-08 BUGA SUTEV
PELÁEZ CASTAÑO FAVIER DARIO 13-Jun-08 CAICEDONIA ASEINPEC
RECALDE ORDÓÑEZ WALTER ANIBAL 19-Jun-08 BUGA ASEINPEC
MUÑOZ GUARÍN JOSE HUMBERTO 22-Jun-08 RESTREPO SUTEV
MENDOZA CARREÑO HALY MARTÍN 09-Jul-08 CUCUTA ASINORT
PALOMEQUE VALENCIA JESÚS 05-Ago-08 CUCUTA ASINORT
MAYUSA PRADA LUIS 08-Ago-08 SARAVENA CUT
GAMBOA MELÉNDEZ MANUEL EMIRSON 13-Ago-08 PUERTO ASIS FENSUAGRO
GALEANO MARTÍNEZ JOSÉ OMAR 23-Ago-08 BUGA FECOLOT
Agencia de información Laboral ENS Tel. 5133100 Ext. 129 \n
informacionlaboral@ens.org.co
______________________________