terça-feira, 20 de janeiro de 2009

ASINA O MANIFESTO. ¡ CUBA NON ESTÁ SOA ¡

CUBA NON ESTA SOA


O 1 de Xaneiro de 1959, o pobo cubano comezaba o seu andar soberano e revolucionario.

Desde os primeiros anos o imperialismo norteamericano que non soportaba ter a 90 millas un pobo liberado das súas garras, deseñou e implementóu unha política de fustrigación, de inxerencia e de acoso e derribo utilizando todas as formas posibles: a invasión de Praia Girón en 1961 que supuxo a primeira derrota do imperialismo en América Latina; en 1962 un bloqueo político, comercial e financeiro que Cuba soporta desde fai 49 anos, continuos atentados terroristas tramados desde Miami, que ata o momento ocasionaron máis de 2.500 mortos e máis de 3.000 feridos, incursións aéreas e marítimas sobre territorio cubano, unha guerra bacteorolxica afectando a seguridade alimentaria e a saúde pública, ametrallamentos desde lanchas rápidas, a colocación de bombas en hoteis (nun dos cales foi asasinado un turista italiano) e lugares de lecer asasinando e sementando o terror. Intentos de asasinatos do seu Presidente, Fidel Castro.


Durante todo este período, a fustrigación e o intento de desestabilización interna na illa veñen sendo unha constante por parte das distintas Administracións norteamericanas recrutando e financiando a persoas nacidas en Cuba que actúan como asalariados ao servizo desa política contra a nación cubana. Esa política inxerencionista e asasina vén avalada por distintas leis norteamericanas de carácter coercitivo e criminal como a Lei Torricelli, a Helms-Burton ou o Plan Bush para a Recolonización de Cuba que buscan a asfixia económica e o illamento de Cuba , levar a fame e a desesperación e acabar coa Revolución.


Recoñecidos terroristas como Posada Carriles (xulgado e condenado). Responsable xunto con outros coñecidos terroristas da voadura do avión de Cubana de Aviación na que perderon a vida 76 persoas, está protexido e amparado vivindo en liberdade en Miami gozando de total impunidade.


Con todo, Cuba soubo enfrontar todas estas fustrigacións criminais e acaba de cumprir 50 Anos de Revolución.


Ao longo destes anos ningún dos distintos Gobernos norteamericanos cumpriu as 16 resolucións da Asemblea Xeral das Nacións Unidas contra o bloqueo político, comercial e financeiro imposto por EEUU contra Cuba, que lle custou ao pobo cubano máis de 93.000 millóns de dólares e cuxa última votación arroxou a cifra de 185 países a favor do levantamento do mesmo.


Distintos organismos internacionais como o PNUD, a FAO, UNICEF, entre outros sitúan a Cuba no índice alto de desenvolvemento humano xunto a países desenvolvidos do primeiro mundo; confirma que Cuba é un país que erradicou a desnutrición infantil, que a taxa de esperanza de vida é unha das mais altas e que a taxa de mortaldade e mortalidade infantil a mais baixa tamén; sitúan a Cuba como país que xa alcanzou os Obxectivos do Milenio.


A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, con excelentes relacións coas organizacións contrarrevolucionarias que desde Miami atentan contra Cuba, cunha rancia práctica injerencista e nostálxica da política colonizadora, non soporta que a revolución cubana cumpra 50 anos con plena saúde e maior dignidade.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre emprega diñeiro público do Fondo de Cooperación para subvencionar organizacións inxerencionistas e desestabilizadoras e terroristas como é o caso da Fundación Hispano Cubana, grupo anticubano vinculado á Fundación Nacional Cubanoamericana con sede en Miami.

Sirva de exemplo os 230.100 euros entregados en 2005; os 150.000 do 2004 (BOCM nº 642 de 2//6/04; os 33.974 euros do 2007 (BOCM nº 310 de 30/12/06). En 2008, 187.000 euros (BOCM 263 de 4/11/08).

En 2007, Esperanza Aguirre outorgou o Premio da Tolerancia ao cubano Carlos Alberto Montaner, axente da Cia e connotado terrorista desde a súa máis temperá idade. En 2004 Esperanza Aguirre se deplazóu a Miami para recibir un premio da Fundación Hispano Cubana.


En recentes declaracións cualificou ao CHE de "canalla". Queremos dicila que o CHE entrou na historia dos pobos como un libertador, que a súa loita polos oprimidos está presente en cada batalla, que o CHE, moi ao seu pesar, VIVE.

Nas súas declaracións e na dos medios de comunicación, a descualificación e o insulto ás autoridades de Cuba, ao seu Presidente, aos seus cargos electos e aos 11 millóns de cubanos é a tónica xeral querendo presentar a Cuba como unha ditadura.

O Comité de Dirección do PP de Madrid acordou apoiar a concentración convocada para o día 1 de febreiro por membros da contrarrevolución radicados en Madrid, segundo anunciou en rolda de prensa a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre.


Queremos dicirlle a Esperanza Aguirre e ao Partido Popular que CUBA NON ESTA SOA, que con Cuba Outro Mundo está sendo xa posible.

Que Cuba é un país soberano e independente e é ao seu pobo a quen lle toca dirixir o seu destino.

Que Cuba seguirá avanzando, a pesar de todos os obstáculos impostos, no goce da súa liberdade e independencia profundando nos obxectivos que sustentan a Revolución: xustiza social, equidade e solidariedade.

Que seguiremos denunciando os vínculos de Esperanza Aguirre e do Partido Popular con organizacións criminais anticubanas e o emprego de diñeiro público de todos os madrileños para o seu financiamento mentres privatiza os servizos públicos de todos os madrileños.


¡ VIVAN Os 50 ANOS DA REVOLUCION CUBANA ¡

¡ POLO RESPECTO A La SOBERANIA DE CUBA ¡

¡ A Por OUTROS 50 ANOS DE REVOLUCIÓN ¡


¡ CUBA NON ESTÁ SOA ¡