terça-feira, 20 de janeiro de 2009

Carta de destacados xudeus británicos sobre a guerra de Israel contra Gaza



The Guardian

Os abaixo asinantes somos todos de orixe xudía. Cando vemos os mortos e os ensanguentados corpos de nenos pequenos, os cortes de auga, de electricidade e de comida, lembramos o asedio do Ghetto de Varsovia. Cando Dov Weisglass, asesor do primeiro ministro israelí, falou de pór aos habitantes de Gaza "a dieta" e o vice-ministro de Defensa, Matan Vilnai, falou de que os palestinos ían experimentar "unha maior shoah" (holocausto), iso recórdanos ao gobernador xeral Hans Frank na Polonia ocupada polos nazis que falou de "morte por fame".
O verdadeiro motivo do ataque a Gaza é que Israel só desexa tratar cos colaboracionistas. O principal crime de Hamas non é o terrorismo, senón a súa negativa a converterse nun pelele en mans do réxime de ocupación israelí en Palestina.
A decisión tomada o mes pasado polo Consello da Unión Europa de mellorar a categoría das súas relacións con Israel, sen ningunha condición específica sobre dereitos humanos, alentou unha maior agresión israelí. O tempo de aplacar a Israel pasou fai tempo. Como primeiro paso, Gran Bretaña deber retirar ao embaixador británico de Israel e, como co apartheid de Sudáfrica, embarcarse nun programa de boicot, desinversión e sancións.
Asinantes:


Ben Birnberg, Prof Haim Bresheeth, Deborah Fink, Bella Freud, Tony Greenstein, Abe Hayeem, Prof Adah Kay, Yehudit Keshet, Dr Les Levidow, Prof Yosefa Loshitzky, Prof Moshe Machover, Miriam Margolyes, Prof Jonathan Rosenhead, Seymour Alexander, Ben Birnberg, Martin Birnstingl, Prof. Haim Bresheeth, Ruth Clark, Judith Cravitz, Mike Cushman, Angela Dale, Merav Devere, Greg Dropkin, Angela Eden, Sarah Ferner, Alf Filer, Mark Findlay, Sylvia Finzi, Bella Freud, Tessa van Gelderen, Claire Glasman, Ruth Hall, Adrian Hart, Alain Hertzmann, Abe Hayeem, Rosamene Hayeem, Anna Hellmann, Selma James, Riva Joffe, Yael Kahn, Michael Kalmanovitz, Ros Kane, Prof. Adah Kay, Yehudit Keshet, Mark Krantz, Bernice Laschinger, Pam Laurance, Dr Les Levidow, Prof. Yosefa Loshitzky, Prof. Moshe Machover, Beryl Maizels, Miriam Margolyes, Helen Marks, Martine Miel, Diana Neslen, O Neumann, Susan Pashkoff, Hon. Juliet Peston, Renate Prince, Roland Rance, Sheila Robin, Ossi Ron, Manfred Ropschitz, John Rose, Prof. Jonathan Rosenhead, Leon Rosselson, Michael Sackin, Ian Saville, Amanda Sebestyen, Sam Semoff, Prof. Ludi Simpson, Viv Stein, Inbar Tamari, Ruth Tenne, Norman Traub, Eve Turner, Tirza Waisel, Karl Walinets, Renee Walinets, Stanley Walinets, Philip Ward, Naomi Wimborne-Idrissi, Ruth Williams, Jay Woolrich, Ben Young, Myk Zeitlin, Androulla Zucker, John Zucker

Enlace co orixinal: http://www.guardian.co.uk/world/2009/jan/10/letters-gaza-uk