terça-feira, 20 de janeiro de 2009

Resolución pública unitaria das Mocidades Comunistas europeas contra o ataque imperialista en Gaza.

As organizacións comunistas xuvenís europeas condenan rotundamente os bombardeos e a invasión terrestre israelí sobre a Franxa de Gaza, que xa provocou unha masacre entre o inocente pobo Palestino. Este bestial e sanguento ataque, que causou centenares de mortes e miles de feridos, non podería suceder sen o apoio e respaldo da OTAN, a Unión Europea e os Estados Unidos.



As forzas imperialistas están implementando un plan para un Novo Oriente Medio, que dea máis beneficios ás súas multinacionais, á conta de mortes, fame, sangue, pobreza e destrución.



Denunciamos o desafío e as declaracións hipócritas da Unión Europea que tratan de manter posicións de "equidistancia" e "imparcialidade", unha Unión Europea que recentemente mellorou as súas relacións oficiais co Estado de Israel, quizais para recompensar a súa matanza en Palestina. Ao mesmo tempo, a U.E. considera a maioría das expresións de resistencia palestina como "terrorismo".



Esta guerra de imperialista non é un asunto só dos palestinos. Esta guerra afecta a todos os pobos que loitan pola súa soberanía e autodeterminación.



Chamamos a todos os xóvenes de Europa, tanto traballadores mozos como estudantes de medias e universidades, a que expresen a súa solidariedade cos palestinos e o seu rexeitamento á guerra imperialista. Tamén chamamos a exercer calquera tipo de presión aos gobernos dos nosos países, para denunciar esta guerra imperialista.



Pedimos e promovemos todo tipo de iniciativas xuvenís de solidariedade activa e enérxica nos nosos países, para que a guerra imperialista na Franxa de Gaza sexa detida inmediatamente, as tropas israelís sexan retiradas, o fin inmediato do bloqueo, a demolición do Muro da Vergoña e o establecemento dun estado independente en Palestina, dentro das fronteiras de 1967 e con Xerusalén Este como o seu capital.

¡Palestina libre e independente!

Non hai ningunha paz duradeira baixo o capitalismo, só o camiño de construción de socialismo asegurará, á mocidade e aos pobos, un mundo de paz e solidariedade.



Colectivos de Xóvenes Comunistas-PCC, Catalunya (CJC)

Colectivos de Xóvenes Comunistas-PCPE, España (CJC)

COMAC, Bélxica

Mocidade Comunista de Austria (KJÖ)

Mocidade Comunista de Grecia (KNE)

Unión da Mocidades Comunistas, República Checa (KSM)

Unión da Mocidades Comunistas de España (UJCE)

Movemento dos Xóvenes Comunistas Franceses (MJCF)

Mocidade Comunista Poruguesa (JCP)

Unión da Mocidade Comunista Revolucionaria ? Bolxevique de Rusia (RKSM-B)

Unión da Mocidade Comunista, Gran Bretaña (YCL)

Liga da Mocidade Comunista, Xeorxia (YCL)

Mocidade do Partido Comunista de Turquía (E-TKP)