quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

PC DOS EU DENUNCIA A INVASION DE GAZA





4 de xaneiro de 2009



O Partido Comunista dos Estados Unidos (CPUSA) expresa a súa indignación sobre a invasión de Gaza por Israel, acto levado a cabo en desafío da opinión publica mundial.



A entrada das forzas israelís en Gaza por terra, nunha conxuntura na cal a ONU e moitos outros estaban esforzándose para lograr un cese o fogo e un retorno ás negociacións, é unha acción tan arrogante como é irresponsable. Vai ser a causa de moitas mais persoas mortas e feridas, ademais de causar unha enorme destrución da infraestrutura esencial dunha comunidade xa devastada polo bloqueo israelí. É un atropelo ilegal e unha ameaza en contra da paz rexional e mundial; leva o perigo de causar unha guerra máis grande.



O goberno de Israel xustifica esta acción por medio da necesidade de pór fin aos ataques de foguetes levados a cabo por Hamas. condenamos eses ataques, pero cremos que a invasión israelí ten fins máis amplos na rexión que o que declararon os seus representantes. Os ataques de Hamas puideron haberse terminado rapidamente no contexto dun cese-lume.



Lanzar unha invasión por terra a Gaza ten outra meta, que é a de restrinxir as opcións do novo presidente estadounidense, Barack Obama, presentándolle con "feitos completados".



Repudiamos ao discurso bárbaro de parte do Presidente Bush onte, que lle deu luz verde á nova intensificación do conflito de parte de Israel. Con esta acción, Bush asegura que o seu legado ao mundo luza aínda máis feo.



Tamén condenamos enfáticamente os intentos da delegación norteamericana de bloquear os intentos do Concello de Seguridade da ONU de tomar acción para parar á invasión.



Repetimos o noso chamado a favor dun cese o- fogo inmediato baixo o monitoreo estrito da ONU e outros corpos internacionais. Debe incluír unha retirada completa das tropas israelís de Gaza, un fin ao bombardeo de Gaza por Israel e un fin aos foguetes de Hamas.



Úrxese que a Franxa de Gaza ábrase inmediatamente a alimentos, medicamentos e outros materiais humanitarios, e que Israel cancele o seu bloqueo económico.



Non existe ningunha solución militar ao conflito Palestina-Israel. Esiximos que se restauren inmediatamente as negociacións prol-paz, baseadas no concepto de dous estados, que se dirixirá ás aspiracións nacionais do pobo palestino, e os requirimentos de seguridade tanto dos palestinos como dos israelís.



Esperamos que, axiña que que o presidente Obama entre en poder, empeza unha nova formulación cara ao problema do Medio-Oriente, que contribúe á xustiza, paz e estabilidade na rexión.



Finalmente, esiximos que o pobo dos Estados Unidos agregue a súa voz ás dos millóns en todo o mundo que están protestando en contra da invasión e esixindo un ceso lume mundial e unha paz xusta.