terça-feira, 20 de janeiro de 2009

Grupo de Traballo do encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros. : Chamamento en solidariedade co pobo palestino.

Grupo de Traballo do encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros.
: Chamamento en solidariedade co Pobo Palestino.


Nós, partidos comunistas e obreiros de todas as partes do mundo, condenamos firmemente os repetidos ataques aéreos asasinos da forza aérea israelí sobre Gaza que tiveron como resultado a morte de máis de 340 palestinos. Por medio destes brutais ataques e outros crimes cometidos polas forzas armadas, o goberno de Israel trata de lograr o que era imposible co muro, o asedio e o bloqueo: romper a resistencia do pobo palestino.


A política de xenocidio e terrorismo de estado do goberno israelí, apoiada e aprobada polas poderosas potencias imperialistas nos EEUU e na UE e aceptada por algúns gobernos reaccionarios árabes, é unha nova provocación contra os pobos e o movemento mundial de solidariedade.


Chamamos aos traballadores, mulleres, xóvenes e outros sectores, a todas as forzas antiimperialistas e amantes da paz, a mobilizarse contra os criminais ataques e a criminal política do goberno israelí, a que esixan o fin dos ataques e que se impoñan sancións contra Israel. Chamamos tamén ao desenvolvemento de accións inmediatas de solidariedade e apoio humanitario ao pobo palestino.


Os nosos partidos expresan a súa firme solidariedade coa resistencia contra as agresións, coas forzas progresistas, antiimperialistas e comunistas en Palestina e Israel, con todos o que loitan polo establecemento dun Estado Palestino independente coas fronteiras de 1967 e con Xerusalén Este como capital. ¡Palestina libre e independente!


O Grupo de Traballo do encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros.


30 de decembro de 2008


Novas sinaturas





Algerian Party for Democracy and Socialism
Workers' Party of Belgium
Communist Party of Britain
New Communist Party of Britain
Communist Party of Chile
Socialist Workers´ Party of Croatia
Communist Party in Denmark, KPiD
Communist Party of Finland
Unified Communist Party of Georgia
German Communist Party - DKP
Tudeh Party of Iran
Communist Party of Israel
Party of the Italian Communists
Communist Party of Malta
Party of the Communists, Mexico
Popular Socialist Party of Mexico
New Communist Party of the Netherlands
Philippine Communist Party (PKP-1930)
New Communist Party of Yugoslavia
Communist Party of the Peoples of Spain
Communist Party of Sweden
Syrian Communist Party
Communist Party of Turkey
Communist Party of Uruguay


========
*** Many thanks to the CP of Peoples of Spain for the translation to Spanish