Estrelas de Israel locen no clip de campaña do dirixente comunista Dov Khenin
A campaña ás eleccións unicipales de 2003 en Tel Aviv foi adormiñada, con só 30% dos votantes molestándose en acudir ás urnas. O alcalde, Ron Huldai (Partido Laborista) gañou facilmente un segundo mandato. Este verán parecía que se ía repetir o escenario do 2003, pero entón o deputado comunista Dov Khenin (Hadash- Fronte Democrática pola Paz e a Igualdade) anunciou a súa candidatura para a alcaldía como representante do Movmiento Ir Lekulanu (Cidade para Todos), obtivo o apoio de aproximadamente unha ducia de actores israelitas e insuflóu vida á carreira.
O venres, nos estudos Berger da cidade, a campaña de Khenin beneficiouse dunha corrente de apoio sen precedentes iniciada pola actriz Riki Blich. A mañá comezou coa gravación dun clip que será subido a Internet, no que uns 20 artistas, maioritariamente residentes en Tel Aviv, expresan o seu apoio ao comunista Khenin. O clip de campaña, forte e crítico, utiliza o humor para criticar a última década de política municipal en cuestións básicas como a construción de torres residenciais de luxo, a excesiva conxestión do tráfico na cidade e a limitación das horas de funcionamento dos puntos de lecer nocturno no centro da cidade. Está previsto que a rodaxe sexa completada nos próximos días.
Blich di que non tivo ningún problema para conseguir que os artistas - incluíndo á bailarina e coreógrafa Renana Raz e os tamén actores Vered Feldman, Uri Gottlieb, Dror Keren, Dov Navon, Ido Rosenblum, Tali Sharon, Pini Tavger, Itai Tiran, Dan Toren, Daniela Virtzer e Alma Zak ? Se presentásen voluntarios para a causa.
Cada un dos participantes no clip, dirixido por Yonatan Gurfinkel, contribuíu con algunhas frases incisivas que abarcan a decepción polo que está pasando na cidade, co tema principal "Esta non é a miña cidade". Pini Tavger laméntase do aumento dos prezos do aluguer na cidade, dicindo: "Vin ver un apartamento, e vexo unha cola de 20 persoas enchendo unha 'lista de espera'. No meu extracto de conta bancaria, vexo que a metade do meu diñeiro gástase en aluguer. Esta non é a miña cidade". Gottlieb menciona distintos bares locais nun refrán sobre o cedo que están obrigados a pechar.
Á pregunta de se a mobilización de artistas por Khenin indica que se está movendo "nunha dirección máis populista" Blich contestou que foran os artistas quen acudiron a Khenin coa idea: "Todo o mundo aquí é voluntario, mesmo os técnicos de son e de luces. Eu estiven na conferencia de Ir Lekulanu no barrio de Florentin [de Tel Aviv]. Alí os representantes do Movemento presentaron proxectos concretos de mellora da cidade en temas como o transporte, a vivenda e a calidade ambiental. Desgraciadamente, desde a miña experiencia cos medios de comunicación, sei que é moi difícil cativar á grande audiencia con plans moi coidadosamente explicados e detallados". Rosenblum dixo: "todo esforzo para substituír a algúns no cargo é unha boa cousa, sentirán esta tensión, verán que non están asegurados, que manter o cargo non é carne sen ósos. Khenin é unha figura respectada grazas ao seu labor na Knesset," engadiu, "e conseguiu reunir ao redor de si a un gran número de xente nova que lle apoiará"

TRADUCIDO POLO PCPE