Uribe declara o estado de excepción en Colombia para facer fronte a unha folga xudicial
EFE
BOGOTÁ
O Goberno de Colombia decretou o estado de excepción “para atallar a crise causada pola folga de empregados xudiciais”, que cumpriu 36 días e bloqueou os fallos sobre 160.000 procesos, segundo anunciou o presidente do país, Álvaro Uribe.
O mandatario explicou nunha alocución que se decidiu a declarar o réxime de excepción tras fracasar as negociacións cos empregados xudiciais, que se declararon en folga o pasado 3 de setembro e que non aceptaron as alzas salariais decretadas, o que mantén paralizada a administración de xustiza.
Uribe dixo que durante o paro, máis de 2.700 persoas detidas por homicidio, narcotráfico e tenencia de armas quedaron libres polo vencimento de termos legais, máis de 120.000 procesos están sen fallos e non se realizaron máis de 25.000 audiencias.
"Isto cáusalle ao país unha traxedia", expresou Uribe, quen consultou cos seus asesores antes de tomar a decisión de decretar o estado especial por 90 días.
Segundo fontes oficiais, despois de 36 días de folga xudicial, as perdas superan os 60 millóns de dólares.