quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Evo Morales nega permiso a EEUU para sobrevoar Bolivia

Evo Morales nega permiso a EEUU para sobrevoar Bolivia O presidente boliviano rexeitou unha solicitude da axencia antidrogas de Estados Unidos, DEA, para percorrer o espazo aéreo do seu país. Ao mesmo tempo, foron estendidas as preferencias comerciais con Bolivia. A negativa do presidente Evo Morales, para que avións norteamericanos sobrevoen o territorio, fíxose pública o mesmo día que o Senado estadounidense aprobou a extensión das preferencias arancelarias andinas.

O presidente Bush, pedira que se elimine esa preferencia a Bolivia, por incumprir as regras da loita contra o narcotráfico.

Con todo, o Senado deu o visto e prace para manter o tratado durante seis meses máis. No caso de Ecuador, durará un ano, pero será revisado en seis meses.

Os casos de Colombia e Perú son distintos, xa que as preferencias arancelarias se estendéron por un ano, sen revisións.

O tratado enmárcase na Lei de Promoción Comercial Andina e Erradicación de Drogas (ATPDEA) que se negocia coa Comunidade Andina de Nacións.

Evo Morales, sostivo que a loita do pobo de Bolivia é contra o "imperio" e asegurou que ningún funcionario do seu goberno está autorizado a "dar permiso para que a DEA poida sobrevoar o territorio boliviano".