Acción inmediata
Campaña de solidariedade con Bolivia
1-10 de outubro de 2008
A Federación Sindical Mundial fai un chamamento á clase obreira
mundial, os sindicatos e as organizacións progresistas a expresar
solidariedade efectiva, forte e inmediata co pobo de Bolivia, que está
a loitar polo presente e o futuro.
O pobo de Bolivia, mediante eleccións democráticas votou e elixiu para o
posto de Presidente do país ao loitador campesiño Evo Morales. Foi unha
grande vitoria, froito de moitos anos de loita e esforzos.
O 10 de Agosto do presente ano o presidente Evo Morales someteuse a referendo
de consulta revogatoria, o resultado electoral foi contundente
co 67 % de apoio do pobo boliviano.
O Presidente Evo Morales tomou importantes decisións como:
- A nacionalización das minas
- A repartición de terra a granxeiros pobres
- A loita contra o analfabetismo
- A construción de 25 novos hospitais
- 1.600 médicos cubanos traballan gratis nas rexións mais
pobres de Bolivia
- Aumento de recursos para a saúde das persoas pobres
- Igualdade de participación dos indíxenas na vida social
do país posto que o 55% da poboación de Bolivia pertence aos grupos
étnicos Quechua e Aymara.
- Estreita cooperación con Cuba, Venezuela, Ecuador, Arxentina
e toda América Latina, cara á integración deses pobos.
O resultado desta consistente actitude do Presidente de Bolivia, xerou os sucios ataques difamatorios e ilegais do goberno da
EE.UU. contra Bolivia. As institucións da EE.UU. en Bolivia están
a tentar fragmentar o país en pedazos e pretenden tomar o control das
zonas ricas en gas natural e en recursos minerais, aterrorizando e
asasinando nativos. Os imperialistas están a tentar volver aplicar o
guión fascista que levaron a cabo en Chile en 1973.
A Embaixada da EE.UU. en Bolivia é o centro neurálxico que organiza e
coordina estes ataques. Os países da Unión Europea están en liña coa
política da EE.UU. Hai uns días, anunciouse o regreso da IV Flota
de EE.UU. coa misión do centro de Sudamérica e o Caribe. á fronte da
flota nomeouse ao contraalmirante Nt. Kernan, quen declarou que "a
reinvención da IV Flota enviará unha mensaxe a toda a rexión e non só a Venezuela"..
Esta é a situación real!
Compañeiros
Imos deixar que a EE.UU. e os seus aliados cometan un derramamento de sangue
en Bolivia? Váiselles permitir desmantelar o país? Imos deixarlles facer o mesmo que ocorreu en Chile Hai 35 anos? NON!
A Central Obreira Boliviana (COB) afiliada ao FSM, organizacións
campesiñas, organizacións sociais progresistas están a loitar e
organizando a resistencia popular xunto con todas as forzas populares.
Apoiemos esta loita. Expresemos a nosa solidariedade internacionalista de inmediato..
Esiximos:
- Que cese de inmediato toda interferencia imperialista.
- Que se respecte o dereito do pobo boliviano a decidir por sí
mesmo sobre o presente e o futuro.
- Que se apoie a política de Evo Morales.
Compañeiros
Necesitamos acción inmediata.
Enviade as vosas mensaxes
- Presidencia en Bolivia - Evo Morales
(despacho@presidencia.gov.bo
- COB Bolivia (Central Obreira Boliviana)
(cciramiro@hotmail.com)
- Director Xeneral da OIT - Sr. Juan Somavia
(cabinet@ilo.org)
- Secretario Xeral da ONU (Fax: 1 (212) 963 4879)
- Comisión Europea (oib-info@ec.europa.eu)
- ás Organizacións sociais en Bolivia
- Embaixadas en Bolivia
- Embaixadas de EE.UU.
- Prensa e medios de comunicación internacionais
- FSM (info@wftucentral.org)
- Organizacións afiliadas que vós consideredes
ACCIÓN INMEDIATA!
O secretariado da FSM
40, Zan Moreas street, Athens 11745 GREECE
Tel. 302109214417, 302109236700, Fax 30210 9214517
www.wftucentral.org E-mails : info@wftucentral.org,
international@wftucentral.org