O Partido Comunista do Canadá esixe un cesamento do fogo en Afganistán e a retirada inmediata como o mellor xeito de pór fin ao derramamento de sangue
O Partido Comunista de Canadá esixe un cesamento do fogo militar - cesamento de todas as operacións militares - e a retirada inmediata como o mellor xeito de pór fin ao derramamento de sangue.
O goberno conservador Harper ignorou a opinión pública canadense durante demasiados anos, continuando a implicación de Canadá na ocupación imperialista, pero o novo goberno que será electo o martes en Canadá sería aínda máis sanguinario e estaría aínda máis for a da realidade se insistise en levar adiante un conflito que non pode ser gañado. De feito, a definición de ?vitoria? da OTAN muda dun ano para outro.
Unha vitoria militar por parte das forzas resistentes de Afganistán só podería darse tras un derramamento de sangue moito maior. Pero agora recoñécese por un número crecente dos organismos de intelixencia e expertos militares que a resistencia á ocupación da OTAN nunca será esmagada e é cada vez máis forte.
Levoulles aos expertos e organismos de intelixencia estatais anos decatarse do que os marxistas, os historiadores honestos e moitos activistas da paz souberon todos estes anos : é imposible para os países imperialistas impor a súa inxusta ocupación a unha gran nación como Afganistán.
Un cesamento ao fogo neste momento é o máis rápido e fiable xeito de reducir o número innecesario de vítimas da ocupación pola OTAN , unha ocupación á que se opón unha maioría dos canadenses.
O Partido Comunista esixe que o Goberno de Canadá chame á OTAN a aceptar un cesamento do fogo e a retirada inmediata como o mellor xeito de pór fin ao derramamento de sangue.
O Partido Comunista esixe que o goberno retire inmediatamente as súas forzas militares de Afganistán, independentemente de se hai un cesamento do fogo como segunda opción. O Partido Comunista de Canadá oponse á continuación na alianza militar da OTAN, e insta a que todas as forzas progresistas se unan nunha soa voz á demanda da retirada de Canadá da OTAN, unha alianza dos países imperialistas que tratan de impor a hexemonía mundial das corporacións capitalistas á grande maioría da humanidade. De feito, xa é hora para todas as forzas partidarias da paz dos países da OTAN de sumarse a unha esixencia común de disolución da OTAN.
Comité Executivo Central,
Partido Comunista de Canadá
12 de outubro de 2008
TRADUCIDO POLO PCPE