terça-feira, 14 de outubro de 2008

FSA: Mensaxe de Evo Morales




FSA: Mensaxe de Evo Morales


Minga Informativa de Movementos Sociais
---------------------------------------------

[No marco da Xornada Continental de Solidariedade con Bolivia e con Evo
Morales, que se realiza hoxe, 9 de outubro na cidade de Guatemala,
como actividade conexa ao III Foro Social Américas, o presidente
boliviano fixo chegar a seguinte mensaxe aos movementos sociais
presentes no acto.]

Mensaxe do Presidente Evo Morales á Xornada Continental de Solidariedade
con Bolivia, Cidade de Guatemala, 9 de Outubro de 2008

Irmás e irmáns, a nome do pobo de Bolivia, saúdo aos
movementos sociais do continente, presentes neste acto da
Xornada Continental de Solidariedade con Bolivia.

Acabamos de sufrir a violencia da oligarquía, que tivo a súa mais brutal
expresión na masacre en Pando, feito que nos ensina que ostentar o
poder en base aos cartos e as armas para oprimir o pobo non é
sustentable. Facilmente se derrúba, se non é baseado nun programa e a
conciencia do pobo.

Estamos a ver que a refundación de Bolivia afecta aos mezquinos
intereses dunhas cantas familias de grandes terratenentes, que
rexeitan como agresión as medidas a favor do pobo como
a distribución máis equilibrada dos recursos do gas para os nosos
avós e avoas, igual que a distribución de terras, as campañas de saúde
e alfabetización, e outras.

Para resgardar o seu poder e privilexios e evadir o proceso de cambio,
as oligarquías latifundistas da chamada media lúa encóbrense nas
autonomías departamentais e a división da unidade nacional,
prestándose aos intereses ianquis de acabar coa refundación de Bolivia..


Pero, no referendo revogatorio do 10 de agosto, acabamos de recibir
o mandato de dous terzos dos pobos boliviano, para consolidar este proceso
de cambio, para seguir avanzando na recuperación dos nosos
recursos naturais, en asegurar o Vivir Ben para todas as bolivianas
e bolivianos, e unir aos distintos sectores do campo e a cidade, de oriente
e de occidente.

Irmás e irmáns, o que pasou no referendo revogatorio en Bolivia
é algo importante non soamente para os bolivianos senón para
todos os latinoamericanos. Dedicámolo a todos os revolucionarios de Latinoamérica
e do mundo, reivindicando a loita de todos os procesos
de cambio.

Eu viña expresar a forma de como recuperar a vivencia dos nosos
pobos, chamado o Vivir Ben, recuperar a nosa visión sobre a nai
terra, que para nós é vida, porque non é posible que un modelo
capitalista converta á nai terra en mercadoría. Cada vez máis
vemos profundas coincidencias entre o movemento indíxena e as
organizacións dos movementos sociais, que apostan tamén polo
Vivir Ben. Saudamos a eles para que de maneira conxunta poidamos
buscar certo equilibrio no mundo.

E dentro ese marco, quero compartir e propor para un debate uns 10
mandamentos para salvar ao planeta, á humanidade e a vida, non
soamente a este nivel senón tamén para debater coas nosas
comunidades, coas nosas organizacións.

Primeiro, se queremos salvar ao planeta terra para salvar a vida e
humanidade, estamos na obriga de acabar co sistema
capitalista. Os graves efectos do cambio climático, das crises
enerxéticas, alimentarias e financeiras, non son produto dos seres
humanos en xeral, senón é do sistema capitalista vixente, inhumano
co seu desenvolvemento industrial ilimitado.

Segundo: renunciar á guerra, porque das guerras non gañan os
pobos, só gañan os imperios, non gañan as nacións, senón as
transnacionais. As guerras benefician a pequenas familias e non aos
pobos. Os trillons de millóns que se destinan á guerra deben
ser destinados para reparar e curar á nai terra que esta ferida
polo cambio climático.

Terceira proposta para o debate: un mundo sen imperialismo nin
colonialismo, onde as relacionas deben estar orientadas no marco da
complementariedade, e tomar en conta as profundas asimetrías que
existe de familia a familia, de país a país, e de continente a continente.

O cuarto punto esta orientado ao tema da auga, que debe ser
garantida como dereito humano e evitar a súa privatización en poucas
mans, xa que a auga é vida.

Como un quinto punto, quero dicirlles que debemos buscar como acabar co
malgaste de enerxía. En 100 anos estamos a acabar coa enerxía
fósil creada durante millóns de anos. Como algúns presidentes
reservan terras para automóbiles de luxo e non para o ser humano,
debemos implementar políticas para frear os agrocombustibles e desta
maneira evitar fame e miseria para os nosos pobos.

Como sexto punto: respecto da Nai Terra. O sistema capitalista
trata á Nai Terra como unha materia prima, pero a terra non pode
ser entendida como unha mercadoría, quen podería privatizar ou alugar,
fretar á súa nai? Propoño que organicemos un movemento internacional
en defensa da Nai Natureza, para recuperar a saúde da Nai
Terra e restablecer a vida harmónica e responsable con ela.

Un tema central como sétimo punto para o debate, é que os servizos
básicos, sexa auga, luz, educación, saúde, deben ser tomados en conta
como un dereito humano.

Como oitavo punto, consumir o necesario, priorizar o que producimos e
consumimos localmente, acabar co consumismo, o malgaste e o luxo.
Debemos priorizar a produción local para o consumo local,
estimulando o auto sostemento e a soberanía das comunidades
dentro dos límites que a saúde e os recursos minguados do planeta
permitan.

Como penúltimo punto, promover a diversidade de culturas e economías.
Vivir en unidade respectando as nosas diferenzas, non soamente
fisonómicas, tamén económicas, economías manexadas polas comunidades
e as asociacións.

Irmás e irmáns, como décimo punto, expomos o Vivir Ben, non
vivir mellor a costa do outro, un Vivir Ben baseado na vivencia dos
nosos pobos, as riquezas das nosas comunidades, terras
fértiles, auga e aire limpos. Fálase moito do socialismo, pero hai
que mellorar ese socialismo do século XXI, construíndo un socialismo
comunitario ou sinxelamente o Vivir Ben, en harmonía coa Nai
Terra, respectando as formas de vivencia da comunidade.

Finalmente, irmás e irmáns, seguramente vostedes están a facer
seguimento sobre os problemas que existen. Chego á conclusión que
sempre haberá problemas, pero quero dicirlles que estou moi contento, non
decepcionado nin preocupado porque eses grupos que permanentemente
esclavizaron ás nosas familias durante a colonia, a república e na
época do neoliberalismo, seguen agrupados nalgunhas familias,
resistíndome.

é a nosa loita enfrontar eses grupos que viven no luxo e non queren
perder o luxo, perder as súas terras. é unha loita histórica e segue aínda
esta loita.

Irmás e irmáns, esperando que esta Xornada Continental do III Foro
Social Américas culmine con fortes lazos de unidade entre todos vostedes
e cun firme Plan de Acción a favor do pobo de Bolivia e todos
os nosos pobos, reitero o meu saúdo fraternal.

Evo Morales Ayma
Presidente da República de Bolivia