Carolus Wimmer: Exércitos gringos listos para reprimir radicalización política en USA e Europa
Por: Claudia Milet/FDA
Data de publicación: 10/10/08
Caracas, 10.10.08 (Claudia Milet/FDA).- Temendo unha radicalización política popular contra o Goberno, xa se aprobou a aplicación da Lei Marcial no caso de que o plan de rescate financeiro non teña éxito, declarou a Los Angeles Times o congresista estadounidense Brad Sherman. Tamén en Europa se prevé a mobilización das Forzas Armadas para que poidan actuar internamente contra a propia poboación, denunciou o deputado Carolus Wimmer (PCV), vicepresidente do Grupo Venezolano do Parlamento Latinoamericano, agregando que “esta é a resposta histórica do capitalismo que se sabe acabado, sempre termina implantando a ditadura burguesa, esquema que hai que derrotar con revolucións socialistas”.
A lei marcial é unha medida de excepción tomada polo Goberno en tempos de guerra ou para sufocar rebelións, “neste caso -sinalou Wimmer-, deberiamos agregar: para defender directamente os intereses dos banqueiros”.
“En Alemaña, país cunha profunda conciencia histórica en materia militar, aprobouse nun madrugonazo o cambio do artigo 35 da Constitución, co fin de apoiar á policía ante posibles enfrontamentos coa poboación traballadora, que xa comezou a protestar contra os “paquetes de rescate para os banqueiros”, que sacrifican a estabilidade laboral, os aforros e os fondos de pensións”.
“Utilizando a flexibilidade das leis antiterroristas, outros gobernos europeos aprobaron a intervención militar co fin de reprimir calquera protesta que puidese ter consecuencias políticas negativas para o sistema capitalista, e provocar situacións revolucionarias similares ás producidas despois da quebra bancaria nos anos 1929 e 1931”, precisou o dirixente comunista.
O parlamentario indicou que “nos Estados Unidos e Europa, onde domina a dereita conservadora en alianza con partidos socialistas serviles ao capital, están a tomarse medidas para pasar dunha errada democracia burguesa a un sistema político ditatorial”.
Finalmente, o vicepresidente Wimmer destacou que tras un prolongado período de aparente calma política nos EEUU e Europa, “cristalízanse as condicións obxectivas e subxectivas para rebelións e revolucións que abren o camiño cara ao socialismo”.