quinta-feira, 30 de outubro de 2008

agresión ianqui contra siria

Agresión americana, vergoña e desgraza para o imperialismo americano.

*Comunicado do Partido Comunista Sirio
*

O Imperialismo Americano engadiu un novo crime brutal ao seu negro historial. Nesta ocasión, catro helicópteros americanos violaron a soberanía do noso país e atacaron a un pequeno grupo de pacíficos e inocentes cidadáns co resultado de oito mortos e algúns feridos. Esta traizoeira agresión non é rara en América, que converteu na súa profesión a práctica de violar e rachar as convencións e o dereito internacional. Esta agresión mostra o verdadeiro rostro fascista do imperialismo americano, dando torpes tropezóns no medio da súa política destrutiva e a súa crise económica.
O Partido Comunista Sirio deplora e condena este crime brutal do imperialismo americano, quen cargará con todas as consecuencias desta acción, e convida ao boicot total dos intereses americanos; chama a todos os pobos do mundo e ás forzas progresistas nacionais a condenar esta agresión, afirmándo a importancia e a urxencia de traballar pola máis ampla fronte antiimperialista internacional. Esta hostilidade americana fracasará na consecución dos seus obxectivos de aterrorizar ao noso pobo e destruír a nosa honrosa firmeza nacional, pois o noso pobo ten unha grande historia de resistencia, firmeza e confrontación ás conspiracións imperialistas, calquera que sexan os sacrificios que iso comporte. Este pobo enfrontarase ao inimigo con unidade e firmeza. Esta agresión inscríbese no contexto das acccions desatadas pola coalición imperialista americano-sionista, para fuxir das frecuentes crises e derrotas ás que se enfrontan en moitos lugares do mundo.


O noso Partido afirma que o noso pobo permanecerá en pé e unido baixo consígna nacional: ?Siria nunca será posta de xeonllos?, e a honrosa e firme resistencia nacional siria seguirá crecendo para converterse nunha dura rocha fronte aos proxectos colonialistas e imperialistas, que serán derrotados como o ataque no sur do Líbano e as frecuentes derrotas da ocupación ianqui de Iraq. Esas derrotas son acadadas polo duro traballo da resistencia nacional neses países.

Nesta ocasión, o noso Partido Comunista Sirio afirma a importancia de fortalecer a digna resistencia da nación Siria fronte á arrogancia americana. Todos os feitos confirman a realidade e a inmediatez de consígna: ?Máis doado é ter ao colonialista cabreado, que telo satisfeito?.


Vergoña e desgraza para o imperialismo americano



Gloria á firmeza do noso pobo



* O Comité Central do Partido Comunista Sirio *

* O secretario xeral *

* Wissal Farha bagdash *

TRADUCIDO POLO PCPE