27/10/2008
Comunicado da oficina de Prensa do CC do KKE sobre o ataque terrorista de EE.UU. contra Siria
O KKE condena categoricamente o ataque terrorista dun helicóptero militar de EE.UU. contra un pobo da república de Siria, preto da fronteira co Iraque ocupado, que causou a morte de 8 civís. Este incidente pode marcar unha perigosa escalada de tensión na rexión por parte do imperialismo EE.UU. Parece que o imperialismo EE.UU. evoluciona desde as continuas ameazas verbais contra a política exterior siria, cara a accións de guerra terrorista contra o país.
O KKE insta ao goberno de Grecia a asumir as súas responsabilidades, desde o momento en que apoia e participa nos plans aventureiros imperialistas contra os pobos e países do Oriente Medio, e a retirar calquera apoio prestado polo noso país aos plans imperialistas do ?Grande Oriente Medio?. O KKE exhorta aos demais partidos a situarse sobre esta cuestión, e ao noso pobo e ao movemento pola paz, a estar alerta contra os incendiarios da paz.