domingo, 12 de abril de 2009

Presidente do CC do Partido Comunista de Bohemia e Moravia

Declaración de Vojtech Filip,

Presidente do CC do Partido Comunista de Bohemia e Moravia

e Jiri Mastálka, Vicepresidente do CC do PCBM

Sobre os últimos acontecementos en Moldavia

Con gran pesar seguimos os acontecementos que tiveron lugar en Moldavia tras as eleccións parlamentarias democráticas, nas que os comunistas lograron unha ampla maioría. participaron 3000 observadores de varios países así como do Parlamento Europeo que non atoparon ningunha violación dos estándares electorais europeos.


Debemos condenar firmemente os actos vandálicos nas rúas, a ocupación do edificio do Parlamento e da Presidencia, o saqueo e os incendios apoiados tanto polo nacionalismo como polo anticomunismo máis primitivo. Apoiamos e apreciamos enormemente a prudente posición do Presidente Vladimir Voronin, que respondeu á situación de forma política e non disparando contra o Parlamento, como desafortunadamente fixo Boris Yeltsin fai algún tempo. Tanto a violencia como a devastación nas rúas de Chisinau representan ataques á democracia, así como un ataque impropio á vontade dos cidadáns, que se foi demostrada nunhas eleccións libres e democráticas. Non hai moitos países nos que un partido político no goberno gañe tres veces seguidas cun apoio do 50 por cento. O pobo aprecia o progreso acadado durante o período de goberno comunista, e tamén aprecia a mellora das súas vidas e dos niveis de vida.


O feito de que estas violentas protestas non atopen apoio máis que en Moldavia demostra que xurdiron artificialmente e que foron apoiadas por quen viven do recordo das revolucións de cores dos anos do Presidente Bush.


Facemos un chamamento á opinión pública checa a unirse a nós nesta condena da violencia e do ataque á democracia. Chamamos ao Primeiro Ministro do Goberno checo, que é presidente de turno da Unión Europea, para que utilice todas as vías posibles para que o intento de dar a volta ao resultado destas eleccións democráticas sexa firmemente condenado pola Unión Europea.


Praga, 8 de abril de 2009